Homesociedade"Salvemos o Malecón" e os partidos da oposición en Monforte únense contra...

“Salvemos o Malecón” e os partidos da oposición en Monforte únense contra a construción da nova ponte

Este venres un grupo de veciños de Monforte en representación da Plataforma “Salvemos o Malecón” xunto cos representantes dos 3 partidos políticos da oposición (Katy Varela do PP, Jaime Germán Vázquez de Espertamonforte! e Emilio Sánchez do BNG) realizaron un acto simbólico de protesta ante os traballos de sondaxe que se están a realizar xunto á pasarela peonil con vistas á cimentación dos alicerces da proxectada nova ponte do Malecón de Monforte.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde “Salvemos o Malecón” aseguran non entender que o concello autorice a realización de certos traballos relacionados coa futura ponte, cando aínda non ten todos os permisos precisos para a construción da mesma, “polo que se no día de mañá ese proxecto non fora autorizado o noso Concello estaría perdendo unha considerable cantidade de cartos. Esta situación tórnase aínda máis grave pola crise sanitaria e económica e non debería permitirse un derroche dos fondos públicos deste xeito.”

Nesta liña se manifesta a portavoz do Partido Popular de Monforte, Katy Varela, “O alcalde debería deixar de gastar os cartos dos veciños nos seus caprichos e mirar máis polos monfortinos e máis nun momento coma este.”

Tamén o voceiro do BNG, Emilio Sánchez considera que “Agora no concello hai outras prioridades onde facer inversións e gastar os remantes, coma por exemplo iniciar o PXOM e definir a cidade que queremos no futuro“.

Pola súa banda, Jaime Germán Vázquez, voceiro de espertamonforte! opina que “non é momento de facer obras faraónicas que non aportan nada ao futuro da nosa cidade, senón empregar esos cartos dos remantentes de anos anteriores en paliar ou reducir a crise económica e sanitaria en que nos atopamos”.

Dende a plataforma “Salvemos o Malecón” cren que non é o momento para comezar os traballos na ponte, “pois semella que se está aproveitar a situación de restricións derivadas da COVID para evitar que a cidadanía poida saír á rúa a manifestarse, estando obrigados a realizar pequenas accións como a deste venres para visibilizar o que está a acontecer.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...