HomesociedadeO concello de Monforte renova o chan do parque infantil da rúa...

O concello de Monforte renova o chan do parque infantil da rúa Santiago

O concello de Monforte anuncia a adxudicación da obra de renovación do solo continuo do parque infantil que ubicado na rúa Santiago, debido ó deterioro no que se atopaba dita superficie.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta obra de mellora foi adxudicada á empresa Jardincelas por un importe de 10.991,64 euros, e terá un prazo de 3 meses para levala a cabo. “Ante o estado de deterioro no que se atopaba o chan do parque infantil ubicado na rúa Santiago, dende o Equipo de Goberno decidimos acometer esta obra de mellora para que os nenos e nenas usuarios de dito parque, podan disfrutar do mesmo con comodidade e seguridade”, destacou o Alcalde.

Os traballos consistirán na instalación dun solo continuo de caucho, con un espesor de entre 340 e 60 mm, segundo a normativa vixente, e sobre unha superficie de 150 m2. Unha vez adxudicada a obra, está previsto que os traballos comecen nos vindeiros días, para o cal procederase ó peche do parque infantil.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...