HomesociedadeA Torre da Homenaxe en amarelo polo Día da Endometriose

A Torre da Homenaxe en amarelo polo Día da Endometriose

O Concello de Monforte súmase este sábado, día 27 de marzo, ós actos conmemorativos do Día da Endometriose, unha enfermidade que afecta a moitas mulleres no mundo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Como xesto simbólico e en sinal de apoio ás mulleres afectadas por esta enfermidade, o Concello iluminará a Torre da Homenaxe de San Vicente de cor amarelo.

A endometriose é unha enfermidade xinecolóxica crónica que afecta ás mulleres, na que se produce unha situación anómala: a implantación e o crecemento benigno de tecido do endometrio fora do útero, dando lugar a unha reacción inflamatoria. As zonas que poden verse afectadas por esta patoloxía con máis frecuencia son estruturas reprodutivas, xeralmente os ovarios, pero tamén pode atoparse nas trompas de Falopio, na vaxina e ata no peritoneo ou o tracto gastrointestinal e urinario.

A endometriose é unha das doenzas máis enigmáticas e controvertidas da xinecoloxía, por iso, non existe un tratamento idóneo para a mesma. As lesións que produce a endometriose teñen un pronóstico incerto, xa que poden permanecer estables, progresar, e incluso retroceder. 

A pesar de que socialmente a endometriose continúa sendo unha gran descoñecida, estímase que afecta a ó redor do 10% das mulleres en idade fértil en Galicia -unhas 60.000, das cales 9.000 atópanse nun estadío severo desta doenza-,  1,5 millóns de mulleres en España e ó redor de 176 millóns en todo o mundo. Os expertos sinalan que é fundamental concienciar a mulleres e a sanitarios para estar atentos a calquera síntoma anómalo e así evitar que se atrase o diagnóstico, atraso que pode levar a un empeoramento da saúde e de vida da paciente.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...