HomesociedadeControlado o incendio forestal de Seoane en Folgoso do Courel

Controlado o incendio forestal de Seoane en Folgoso do Courel

A alcaldesa, Lola Castro, móstrase convencida de que o lume que arrasou case 29 hectáreas "foi intencionado".

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O lume orixinouse ás 21,15 h. da pasada noite e quedou controlado ás 10,42 h. desta mañá do luns, 29 de marzo. Segundo novas estimacións afecta unha superficie de 28,5 hectáreas, das cales 22 son de monte raso e 6,5 de arborado. Na súa extinción participan 3 axentes, 6 brigadas e 5 motobombas. 

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

“INTENCIONADO”

A alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, mostrouse convencida que o incendio forestal foi “intencionado“, porque xa houbo un intento “pola tarde e conseguíase controlar”.

Este lume quedou controlado á primeira hora da mañá deste luns e, segundo comentou, non foi precisa a intervención dun helicóptero. “Como estaba anubrado entendo que non puido saír”, engadiu.

“O peor veu pola noite, cando os medios aéreos non podían saír, ademais pola noite tivemos temperaturas elevadas e facía bastante vento e iso axudou á propagación das chamas”, puntualizou a alcaldesa de Folgoso do Courel.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...