HomesociedadeNova convocatoria en Monforte para formación universitaria de maiores de 50 anos

Nova convocatoria en Monforte para formación universitaria de maiores de 50 anos

O Concello de Monforte abre a partir do 7 de abril o prazo de inscrición para anotarse nunha nova edición do programa de formación universitaria dirixido a maiores de 50 anos, froito do acordo da entidade monfortina coa Universidade de Santiago de Compostela (USC).

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O programa leva por título “Camiños de coñecemento e experiencia. Proxecto de democratización do coñecemento” e está composto por diversos seminarios formativos, totalmente gratuítos. Poderá inscribirse neles calquera persoa maior de 50 anos, sen necesidade de posuír ningunha formación previa específica.

O Alcalde, José Tomé Roca, salienta que “trátase dun programa, que xa celebramos o pasado ano cun gran éxito de participación, co que garantimos o dereito de todos os cidadáns ó acceso a educación superior independentemente da súa idade, xénero, domicilio ou recursos. Polo tanto, entendemos a través deste proxecto favoreceremos o achegamento do coñecemento á poboación maior do noso Concello, o que incidirá na mellora da súa calidade de vida e a súa participación social real nos ámbitos rural e urbano”.

As persoas interesadas poderán formalizar a súa inscrición na Biblioteca Municipal de Monforte (Praza de España) en horario de 9 a 13:30 e de 16 a 20 horas e cubrir o correspondente formulario de inscrición, que tamén está dispoñible na web do Concello. O prazo será do día 7 ata o 16 de abril, ambos incluídos.

O obxectivo principal deste programa é favorecer a democratización do coñecemento, potenciando e difundido o coñecemento científico e artístico a toda a poboación maior de 50 anos nos concellos que se suman a este proxecto. Para elo, desenvólvense accións específicas que se concretan en varios obxectivos específicos:

  • Revalorizar e profundar no valor do noso patrimonio.
  • Concienciar, ensinar e aprender da presenza da ciencia no día a día das nosas vidas.
  • Recoñecer o valor das disciplinas artísticas nas nosas emocións e vivencias.
  • Adaptar e coñecer as competencias sociosanitarias dos principios de envellecemento activo.
  • Acadar unha mellora da calidade de vida, do benestar e da participación a través do exercicio intelectual que require este tipo de formación.

Programa “Camiños de coñecemento e experiencia 2021” en Monforte

O programa de seminarios e activades prácticas desenvolverase no Centro Cívico de Monforte (Paseo do Malecón) do 20 ó 30 de abril de 2021. Dito programa contará coas seguintes actividades teóricas e prácticas:

-Seminario: “Especies invasoras” 20/04/2021 16:30-18:00 h.

Impartido por Teresa Rodríguez López, profesora titular da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo.

Saída polos arredores de Monforte de Lemos e a Ribeira Sacra. 21/04/2021 16:30-18:00 h.

Dirixida por Teresa Rodríguez López, profesora titular da Facultade de Veterinaria do Campus de Lugo e por Emilio Carral Vilariño, profesor titular da Escola Politécnica Superior de Enxeñaría (USC)

Seminario: “Das mouras ás mámoas, das mámoas ás pedras sacras, das pedras sacras a troques douro… Do inmaterial ao material do patrimonio cultural de Monforte de Lemos” 22/03/2021 16:30-18:00 h

Impartido por Carolina Casal Chico, doutora en Arte Medieval.

Seminario: “Cultura Folclore e educación: Construíndo a Identidade Persoal desde a Tradición”. 23/04/2021 16:30-18:00 h

Impartido por Alexandre Sotelino Losada, doutor en Ciencias da Educación e docente do Departamento de Pedagoxía e Didáctica da USC.

 Visita ó Ecomuseo Pazo de Arxeriz 29/04/2021 16:30-18:00 h

Dirixida por Carolina Casal Chico, doutora en Arte Medieval.

Obradoiro: “A Cociña Musical: O uso dos recursos cotiás na creación artística”. 30/04/2021 16:30-18:00 h

Impartido por Sandra González Sousa e Cristina Calle Rodríguez, monitoras e dinamizadoras culturais.

ÚLTIMAS

Interesante axenda cultural e de lecer en San Clodio

O Concello de Ribas de Sil aproveita os meses de verán para ofrecer diferentes...

Como afecta ao tráfico a Subida de Chantada?

A celebración da proba automobilística supón modificacións no tráfico. Na vila de Chantada o...

O BNG de Monforte alerta de verquidos e morte de peixes no Río Cabe

Este venres varias persoas puxéronse en contacto cos responsables do BNG de Monforte para...

O Concello de Monforte destina 8.000€ para axudas a asociacións monfortinas que promoven servizos sociais

O Equipo de Goberno aprobou, na Xunta de Goberno celebrada o pasado 15 de...