O 23 de abril remata o prazo para solicitar as axudas ARI no concello de Sober

O prazo para presentar solicitudes de axudas para rehabilitar vivendas no concello de Sober está aberto ata o 23 de abril nas oficinas municipais, os mércores e os venres. O horario de atención é de 9.00 a 14.00 horas.

Concello de Sober / XdL

O Concello de Sober ten aberto o prazo de solicitude de subvencións para rehabilitación de vivendas da sexta fase da área de rehabilitación integral do municipio. A nova fase do ARI terá un orzamento de 120.000 euros.

Os solicitantes deben presentar o orzamento das obras que pretenden levar a cabo, unha copia da declaración da renda do último ano e unha copia do DNI. As axudas poden chegar ata o 75% do custo das obras, ata un máximo de 12.000 euros, se a actuación ten por obxectivo mellorar a eficiencia enerxética do inmoble. Se se trata de obras de conservación do edificio, as axudas poden cubrir ata o 40% do custo da obra, cun máximo de 8.000 euros.

Os beneficiarios terán que realizar as obras antes de decembro do 2022. Posteriorme abrirase un novo prazo de solicitude no que se poderán pedir axudas para actuacións de rehabilitación que poderán ser subvencionadas con fondos que non se chegaron a investir nas anteriores fases, nas que se levan rehabilitado un cento de vivendas.

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here