HomesociedadeConta atrás para a XXI Mostra do Aceite de Quiroga

Conta atrás para a XXI Mostra do Aceite de Quiroga

Os organizadores reuníronse o pasado venres 16 de abril para ir estudando que actividades se poderán realizar nesta festa que ten o recoñecemento de 'Festa de Interese Turístico de Galicia'.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comisión que se crea cada ano para organizar o evento xa fixou a data para a súa celebración –o vindeiro 30 de maio–, e tamén estableceu os requisitos mínimos que terán que cumprir aqueles olivicultores que queiran presentar o seu aceite na XXI Mostra do Aceite.

Entre o vindeiro luns e o venres 23 de abril –ámbolos dous incluídos– ábrese o prazo para os colleiteiros ecolleiteiras interesados/as en participar na Mostra, que terán que cumprir dúas condicións imprescindibles: contar con rexistro sanitario e ter unha colleita mínima de 200 litros de aceite.

Tendo en conta que o número de colleiteiros/as está limitado a 6, a selección dos e das participantes farase por orde de inscrición nas oficinas municipais por rexistro de entrada. No momento da inscrición os interesados e interesadas deberán presentar unha mostra dun litro en envase de cristal para as posibles catas a realizar.

Recinto feiral. Mostra do Aceite de Quiroga (arquivo) / XdL

A XXI Mostra do Aceite celebrarase, evidentemente, respectando todas as medidas sanitarias e as normas anti-covid polo que as actividades que se organicen estarán debidamente estudadas e iranse coñecendo en vindeiras datas.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...