HomesociedadeO Concello de Sarria toma medidas para combater os excrementos caninos

O Concello de Sarria toma medidas para combater os excrementos caninos

Vén de facer pública unha campaña de concienciación dirixida a propietarios e propietarias de cans lembrando a existencia e o deber de cumprimento da Ordenanza de Limpeza e Protección Medioambiental.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O aumento do censo de cans nas vilas e cidades fai que os excrementos caninos constitúan un grave problema de saúde pública cando estes non son recollidos e depositados onde corresponde, pois supoñen un perigo potencial de contaxio de enfermidades, sobre todo para nenas e nenos.

Tamén representan un risco importante para a integridade física das persoas, podendo ocasionar caídas e esvaramentos, dificultan a calidade na prestación dos servizos de limpeza municipais e deterioran a imaxe das nosas vilas e cidades.

“As cacas dos cans NON son abono senón un veleno tóxico capaz de queimar o céspede”, lembran dende o concello advertindo de que nas zonas verdes tampouco se poden abandonar os excrementos das mascotas.

“As cacas dos cans NON son abono senón un veleno tóxico capaz de queimar o céspede”

Por todos estes motivos, o Concello de Sarria iniciou unha campaña baixo o lema “O teu can, a túa responsabilidade!”, apelando ao civismo de propietarios e propietarias de cans e con dous obxectivos principais: un primeiro de concienciación -con carteis por toda a vila-, e un segundo de esixencia no cumprimento da vixente Ordenanza de Limpeza e Protección Medioambiental.

Un dos carteis de concienciación

Na devandita ordenanza, o concello considera infracción grave “non proceder á limpeza de dexeccións de cans e outros animais”, podendo esta conduta irresponsable ser sancionada con multa de 200 euros; e infracción leve “non levar bolsas ou recolledor para a recollida dás dexeccións dos cans”, infracción esta que poderá ser sancionada con 100 euros de multa.

“O teu can, a túa responsabilidade!”

OUTRAS OBRIGAS PARA PROPIETARIAS/OS DE CANS

Aproveitando a campaña, o Concello de Sarria lembra tamén que na actualidade é obrigatorio que os cans teñan implantado un chip identificativo de acordo co disposto no artigo 12 da Lei 4/2017, de 3 de outubro, de protección e benestar dos animais de compañía en Galicia. Non telo pode implicar multas de 500 euros, xa que en calquera momento un axente pode comprobar se o animal conta con este dispositivo e se non é así, expedir a sanción correspondente.

Todos os veterinarios e clínicas veterinarias existentes en Sarria implantan o microchip nos cans e cómpre saber que é imprescindible que o leven para identificalos en caso de perda, extravío ou para que o seguro do fogar se faga cargo de gastos por danos, tanto materiais como persoais, causados polas mascotas.

ÚLTIMAS

Quiroga adía o desfile de entroido ao 22 de febreiro

A suspensión do desfile de comparsas e disfraces individuais de Quiroga fará posible que...

Celebración do Entroido no Concello do Saviñao

Tras a celebración do xoves de compadres e de comadres en datas anteriores, quedan...

OPINIÓN: O camarada Xesús e as trincheiras culturais

Hai case vinte anos tiven a oportunidade de coñecer a Xesús Alonso Montero, figura...

Unha fin de semana para gozar do ‘Caldo de ósos’

Onte, venres 13, inaugurábase a exposición de fotos antigas “O legado que nos une”...