HomesociedadeUn novo camión grúa para os servizos de mantemento de Monforte

Un novo camión grúa para os servizos de mantemento de Monforte

Este novo vehículo municipal para o departamento de servizos foi adquirido polo Concello á empresa Grúas y Autoventas Betanzos por un importe de 29.999 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, presentou o novo camión grúa do Concello destinado a facilitar os traballos en altura das brigadas municipais de servizos, relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior.

“Con este novo vehículo”, destacou o Alcalde, “facilitamos ó noso persoal de servizos a realización dos traballos en altura relativos ás labores de mantemento e conservación nas instalacións de alumeado público exterior, como pode ser a reposición de lámpadas, de equipos auxiliares, farois, etc. E o vehículo está equipado cos elementos necesarios para que se poidan desenvolver ditos traballos de forma segura e en condicións ergonómicas axeitadas.”

Ademais, o novo camión foi rotulado co logotipo do Concello, rotulándoo tanto nas súas portas como na caixa para os operarios ubicada no extremo da grúa.

ÚLTIMAS

“Sen xuntas como a de Monforte dificilmente se podería resistir ao exército francés”, Alberto Rico, historiador

Segredos de Pantón entrevista nesta ocasión ao Doutor Alberto Rico Sánchez, profesor da Universidade...

Xornadas de achegamento ao mundo dos cogomelos no IES Daviña Rey

Nas primeiras datas de novembro, o alumnado do IES Daviña Rey de Monforte tivo...

Veciños de Bazal, en Pantón, viaxaron a Lalín para coñecer a Casa do Patrón e comer o cocido

A Asociación de Veciños de Bazal, con máis de dúas décadas de existencia nesta...