HomesociedadeSalvemos o Malecón recolle nas beiras do Cabe 600 quilos de residuos

Salvemos o Malecón recolle nas beiras do Cabe 600 quilos de residuos

Un grupo de voluntarios integrantes e simpatizantes da plataforma “Salvemos o Malecón” realiza durante o mes de abril tarefas de limpeza e retirada de lixo das beiras do río Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


Ao longo de varias xornadas, este grupo de voluntarios ambientais retirou xa máis de 600 kg de residuos que segundo dín, “ata ese momento estaban ensuciando e contaminando un dos valores máis importantes que temos na nosa cidade, o noso querido río Cabe.”

Aseguran que o maior número destes residuos correspondía a toalliñas, “que se chegaron a contar por milleiros, pero tamén é certo que nestas batidas os nosos compañeiros chegaron a atopar lixo de todo tipo: dende lámpadas a táboas de pranchar, pasando por centos de prendas de roupa.”

Desde a plataforma Salvemos o Malecón lamenta que ningunha administración se preocupe da limpeza e da saúde do Cabe, cando é un dos elementos máis fermosos da cidade “e que aportan valor engadido á nosa contorna, e teña que depender da labor dun grupo de voluntarios a limpeza e conservación do mesmo. Esta situación cobra especial relevancia se temos en conta que se trata dunha zona de especial conservación (ZEC) dentro da Rede Natura 2000 á que se lle deben aplicar medidas especiais de conservación e protección dos hábitats.”

Desde a plataforma aseguran querer axudar a concienciar á xente sobre a importancia da responsabilidade individual na defensa e coidado do noso patrimonio “e do importante que resulta o respecto polas normas básicas de convivencia, pois é traballo de todos e todas manter limpo o noso río e a nosa cidade.”

ÚLTIMAS

Monforte entrega os premios do Certame de Narración e Debuxo Infantil das Letras Galegas

O certame organizado pola Biblioteca Pública Municipal Poeta Lois Pereiro e a Biblioteca Provincial...

O Ciclo Mestre Mateo chega este verán a Taboada, A Pobra do Brollón e Sarria

Nesta edición, o público poderá ver un total de oito títulos: Sirât, As liñas...

Premio Escoba de Platino 2026 para Monforte e xa van 4

Esta semana, o alcalde de Monforte, José Tomé Roca, trasladouse a Madrid para recoller...

Comeza a mellora do campo de fútbol da Ribela en Sarria á que se destinan 516.200€

Este xoves comezaron as obras e visitou as instalacións deportivas o delegado territorial de...