HomesociedadeAxudas de 1.000 euros para a hostalería de Quiroga

Axudas de 1.000 euros para a hostalería de Quiroga

O Concello de Quiroga vai asinar un convenio con Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo da Xunta de Galicia para colaborar economicamente cos autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar o seu negocio con motivo das medidas sanitarias adoptadas pola Xunta de Galicia en xaneiro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A maioría dos industriais locais que solicitaron as axudas convocadas pola Xunta de Galicia para axudar á hostalaría e á restauración, terán a maiores un complemento como axuda do Concello de Quiroga. Serán preto dunha trintena os establecementos – os que cumpren cos parámetros marcados na normativa da Xunta de Galicia – os  que reciban este complemento de 1.000 €.

Con esta nova axuda o Concello de Quiroga pretende, en palabras do rexedor local, Julio Álvarez, apoiar a un sector estratéxico que serve para manter a economía e a paz social do municipio.

Esta axuda económica forma parte do I Plan de Axudas do Concello de Quiroga para traballadores autónomos e empresarios que tiveron que pechar os seus negocios e empresas afectados pola crise da COVID-19. A primeira parte deste plan consistiu na exención do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021 a aqueles establecementos que tiveran que pechar polas medidas sanitarias da pandemia.

A segunda parte deste plan municipal, a parte económica, son os 1.000 € que recibirá cada establecemento tras a firma do convenio con Vicepresidencia.

Respecto desta medida que chega agora, os dous partidos da oposición, PSOE e BNG, lembran que durante os meses de pandemia xa propuxeron en diferentes ocasións axudas directas á hostalería ao Goberno Municipal.

ÚLTIMAS

Próximas xuntanzas das Comunidades de Aprendizaxe “Montes de Saberes”

Nestes encontros debaterase e realizarase unha folla de roteiro para que as Comunidades de...

Marida Maio os xoves no Centro do Viño da Ribeira Sacra

Marida Maio arrincou este xoves coa presentación dos viños das adegas Val do Frade...

O PP leva a pleno contar con garantías sanitarias e de seguridade para a zona de baño de Ribas Altas

A voceira popular, Katy Varela, explica que xa pediron en setembro de 2023 que...

O 20 de maio abre a inscrición para acceder ó Conservatorio Municipal Mestre Ibáñez

O prazo para inscribirse na proba acceso ao 1º curso de ensinanzas elementais (proba...