HomesociedadeQuiroga aproba axudas á hostalería e a renuncia do alcalde á dedicación...

Quiroga aproba axudas á hostalería e a renuncia do alcalde á dedicación exclusiva

A renuncia do Alcalde á súa dedicación exclusiva, as novas asignacións por asistencias, o regulamento do Cemiterio Municipal e as axudas á hostalaría, foron os principais temas aprobados na última sesión plenaria celebrada no Concello de Quiroga.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Entre os puntos da orde do día da sesión plenaria do pasado venres 7 de maio no Concello de Quiroga, un deles foi a renuncia por parte do alcalde, Julio Álvarez, á retribución pola súa dedicación exclusiva.

Esta renuncia, acordada na Xunta de Goberno Local e proposta na comisión informativa, foi votada a favor por unanimidade no Pleno.

Outro dos temas a tratar foi o da modificación das bases de execución do orzamento para 2021, no referente ás asignacións por asistencias a órganos colexiados, que na comisión informativa propuxérase subilas a 300 euros.

Este tema quedou retirado do pleno porque se admitiu unha moción urxente presentada polo Partido Popular na que se propoñía cambiar a asignación por asistencia dos concelleiros/as aos órganos colexiados e modificar o Regulamento Orgánico sobre asistencia ás Comisións de Delegados todos os venres de cada mes. A proposta consistiu en fixar unha asignación de 150 € pola asistencia a cada órgano colexiado coa limitación de que os concelleiros/as que forman parte da Xunta de Goberno e Comisión de Delegados cobrarán unha sesión por semana mentres que o alcalde cobrará todas as asistencias aos órganos colexiados que asista. Na mesma moción do PP propoñíase crear unha dedicación parcial e temporal para a atención do medio ambiente. A moción saiu adiante cos votos do PP e os votos en contra de PSOE e BNG.

O Pleno aprobou tamén o regulamento para a utilización do futuro Cemiterio Civil Municipal e o cambio de uso dotacional dos terreos onde se vai levar a cabo esta construción.

A sesión plenaria pechábase coa aprobación do convenio con Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Xustiza e Turismo para axudar aos autónomos e pequenas empresas que tiveron que pechar o seu negocio con motivo das medidas sanitarias. Coasinatura deste convenio, estes empresarios locais recibirán unha axuda de 1.000 euros que complementará as axudas que perciban da Xunta de Galicia e que forman parte do I Plan de Axudas do Concello de Quiroga.

Dentro deste plan, autónomos e empresarios quedaron libres do pago do recibo da auga e lixo do primeiro trimestre do 2021.

ÚLTIMAS

Como poden axudar os servizos sociais dos concellos?

As situacións de vulnerabilidade, vinculadas á soidade, depresión ou adicións fixéronse máis visibles durante...

A CHMS investirá case 8M€ na mellora do saneamento de Monforte

Este acordo de colaboración dá continuidade ás actuacións contempladas no plan director para a...

‘Showcooking outonal’ por parroquias en Monforte

O Concello de Monforte de Lemos comezou o pasado 21 de novembro unha interesante...

Reúnese a Mesa de Coordinación de Lemos para a mellora da atención as vítimas de violencia de xénero

A Mesa de traballo está composta por profesionais de toda a Comarca de Lemos...