HomesociedadeCCOO denuncia a "penosa xetión" da dirección do hospital de Monforte

CCOO denuncia a “penosa xetión” da dirección do hospital de Monforte

A sección sindical de CCOO denuncia que a limitación de vacacións do persoal de enfermaría é froito da mala xestión da dirección do centro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -


A xerencia de atención primaria de Lugo conta cun amplo número de profesionais de enfermaría que voluntariamente amosaron a súa disposicion para participar na campaña de vacinación da COVID fóra da súa quenda de traballo. CCOO asegura que a día de hoxe a gran maioría non foron chamados para participar.

Nesta situación instouse á dirección para que organizara a vacinación masiva reducindo o tempo de espera dos pacientes a ser inmunizados e a utilización do persoal das listas de enfermaría para poder realizar a cobertura das vacacións do persoal.

Nesta ocasión ínstanse a esta xerencia a que se poña a traballar para organizar adecuadamente ao persoal “para non discriminalos denegándolles un dereito como é o disfrute das vacacións, e que non se limita a cumplir as órdenes de RRHH de Lugo sen buscar outras opcións,” engaden. Con anterioridade a CIG saúde advertira sobre a situación das vacacións deste persoal.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da situación da presa de Vilasouto, no Incio

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), vén de denunciar a "alarmante situación...

2,5M€ para mellorar as estradas da provincia

En Sober adxudicouse á empresa Fevisa Vías y Obras SL a mellora de sete...

Celebración do ‘Xoves de Comadres’ en Monforte

Nun día de tregua no que a choiva se refire, as rúas do centro...

Micro Aberto á cultura este 14 de febreiro na cafetería Mon de Monforte

A iniciativa nace dun grupo heteroxéneo de persoas residentes no rural da zona, no...