HomesociedadeCurso de verán interxeracional en Monforte

Curso de verán interxeracional en Monforte

O Concello de Monforte colabora un ano máis coa Universidade de Santiago de Compostela na organización deste curso que se celebrará en Monforte do 15 ao 18 de xuño no Salón de Actos do Centro Cívico-Social.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Baixo o título “Auga, Terra, Lume e Ar: A Ribeira Sacra” está dirixido tanto a persoas maiores como a mozos e mozas que estean interesados en adquirir e compartir coñecementos relacionados coa Ribeira Sacra desde diferentes puntos de vista, tal e como se recolle no programa do mesmo. O curso está dirixido por Mª Esther Olveira Olveira e Carolina Casal Chico.

O prazo para inscribirse no mesmo remata o venres 4 de xuño, e pode formalizarse a través do correo cursosdeveran@usc.es, na web www.usc.gal/cultura/veran, ou nas áreas de Cultura do Campus de Lugo e Santiago. O curso conta con 25 horas lectivas e ten un límite de 50 prazas.

O importe da matrícula xeral é de 120 euros para os cursos que superen as 25 horas e de 70 euros para os que non superen esa duración. Así mesmo, contémplase un pezo reducido para estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC, así como PDI e PAS da USC. Neste suposto o custe será de 70 euros se dura 25 ou máis horas e de 40 euros se non supera ese tempo.

Cada matriculado recibirá un diploma de asistencia e 2 créditos ECTS por cada curso que supere as 25 horas e 1 crédito ECTS se non supera esa duración. O máximo de créditos que se poden obter é de 6.

OBXECTIVOS DA FORMACIÓN

Os obxectivos deste curso son achegar á cidadanía o espazo xeográfico e social da Ribeira Sacra e a súa contorna, divulgar e pór en valor o patrimonio cultural, material e inmaterial, deste microcosmos e implementar os valores de sustentabilidade da Axenda 2030 na conservación e posta en valor desta Paisaxe Cultural, vital de cara ós efectos da candidatura a Patrimonio da Humanidade.

PROGRAMA

O programa que se desenvolverá entre os días 15 e 18 de xuño pódese descargar aquí.

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...