IniciosociedadeInaugurado o reformado Parque Infantil da Compañía

Inaugurado o reformado Parque Infantil da Compañía

O proxecto de mellora do Parque Infantil da Compañía foi adxudicado á empresa Calfensa Proyectos SL, e contou cun investimento de 145.164,91 euros (ive engadido), sendo a súa financiacion, na súa totalidade, con fondos municipais. As obras de mellora e ampliación deron comezo no mes de xaneiro deste ano 2021.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde destaca que “trátase dun importantísimo proxecto para a nosa cidade, pero sobre todo para os nosos nenos e nenas e as súas familias, porque a través del non só levamos a cabo unha ampliación da área infantil, senón tamén a renovación integral de todo o parque existente, tanto do chan como da área de xogos, das zonas axardinadas, dos pavimentos e da fonte ornamental.”

As actuacións no Parque da Compañía consistiron na ampliación da área de xogos, que foi dotada de novos elementos de xogo, inclusivos e adaptados, e de novo mobiliario urbano. En concreto, os xogos instalados que conforman a área de xogos, son as seguintes:

  • 4 paneis inclusivos (incluíndo postes para apoio) fabricados en panel laminado de alta presión (HPL), de 64×70,2 cm. y de 10 mm. de espesor
  • 2 columpios de 2 asentos cada un e dimensións: 400x1750x 270 cm.
  • 4 asentos para columpio (2 planos, 1 de seguridade e 1 inclusivo con arnés).
  • 1 Saltador de dimensións 175×175 cm.
  • 1 Tirolina (incluíndo estrutura elevada a situar en punto de saída) de dimensións: 300x 326×350 cm.Formada por dous caballetes que van conectados por un cable de aceiro, do que colga un asento neumático, unido mediante unha cadea con rodamento especial-polea, para o desprazamento dun extremo ó outro do xogo. O Alcalde destacou que “a tirolina é unha das principais novidades do parque, e estou seguro que se convertirá unha das súas principais atraccións, para desfrute dos nenos e nenas monfortinos”.
  • Substitución do antigo xogo-areeiro por un novo xogo inclusivo para nenos e nenas a partir dun ano de idade de 12x8m. Esta foi unha mellora ofertada pola empresa adxudicataria.
  • 1 Xogo inclusivo múltiple: accesible e inclusivo,  que está composto por variadas actividades en forma de circuito e ten unhas dimensións de 1000x900x250 cm.

A ampliación da área de xogos conlevou o reacondicionamento das zonas axardinadas, dos accesos pavimentados, o aumento do vallado perimetral de acordo coa ampliación da nova área, a mellora das redes de abastecemento do sistema de rego, así como do alumado público e saneamento, a instalación de mobiliario público (bancos) e unha nova da zona do Parque onde se sitúa dita área de xogos.

Á súa vez, renovouse o pavimento de caucho dos elementos da antiga área de xogos que, debido ó seu elevado uso e o tempo transcorrido desde a súa creación, presentaban un estado algo gastado para a función de protección ante posibles caídas dos nenos e das nenas para a que fora instalado. 

Igualmente, aproveitouse para mellorar as condicións da fonte ornamental que preside a entrada do Parque Infantil, dotándoa dunha valla perimetral protectora e dun sistema de alumeado de cores automático “que de noite quedará precioso, para o desfrute de vecinos e vecinas..

O Alcalde, concluíu a súa intervención sinalando que “con este novo proxecto que vimos de inaugurar, continuamos co desenvolvemento do programa de mellora de infrastruturas da nosa cidade, un compromiso que teño adquirido cos monfortinos e coas monfortinas, e que supón, como veñen de comprobar, unha moi significativa ampliación e mellora do Parque Infantil da Compañía”.  

ÚLTIMAS

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...

34 candidaturas para a Gala do Deporte de Monforte

O pasado 29 de marzo remataba o prazo para inscribirse na convocatoria, foron 34...

Comezan as obras da residencia da Pobra do Brollón

A empresa Construcciones Castro Figueiró S.L.U. é a encargada de acometer os traballos, que...

70.000€ para a drenaxe da vía LU-P-5702 ao seu paso polo Rego de Monelo, en Sarria

As obras executaranse á altura do Rego de Monelo, en San Vicente de Froián,...