IniciosociedadeXuño de igualdade e conciliación en Bóveda

Xuño de igualdade e conciliación en Bóveda

O Concello de Bóveda dá a coñecer o seu programa de actividades previsto para cando os nenos e nenas rematen o colexio. Así, desenvolverá un programa chamado ‘Xuño en igualdade’ con propostas para os nenos e nenas de entre 4 e 12 anos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

As actividades levaranse a cabo entre o día 23 e o día 30 de xuño no Centro Sociocultural. As prazas serán cubertas por orde de inscrición ata completar o aforo, que se rexerá polas normas sanitarias en vigor. Nestas actividades terán prioridade as persoas empadroadas no Concello de Bóveda. É preciso inscribirse chamando ao teléfono 982 42 61 77.

Programa

  • Mércores 23, ‘Party da igualdade’. Obradoiro temático en igualdade de xénero con probas e preguntas encamiñadas a rachar cos estereotipos e roles sexistas e previr a violencia de xénero.
  • Xoves 24, ‘O xogo das escritoras’. Trátase dun xigantesco xogo da oca no que ademais de subir e baixar polo taboleiro as persoas participantes buscarán nos libros da Biblioteca Pública Municipal, debuxarán, escribirán e espremerán os miolos para superar as actividades propostas, relacionadas coa literatura escrita por mulleres.
  • Venres 25, ‘Atrapados con Harry Potter’. É unha actividade de escape room que nos sitúa no interior da novela ‘Harry Potter e o cáliz’ de lume na que os xogadores terán que axudar ao protagonista a saír da habitación na que está atrapado.
  • Luns 28, ‘Tris, tras, tres, autocollage’. Taller creativo e lúdico no que grazas ás ferramentas das artes plástica e teatrais traballarán a diversidade de xénero, as violencias invisibles, o caleidoscopio emocional e aprenderán sobre o respecto e a integración da diversidade.
  • Martes 29, ‘Mulleres científicas’. Os nenos e nenas farán experimentos de laboratorio para que as mulleres científicas nunca máis sexan invisibles.
  • Mércores 30, ‘Conto xogo’. A través deste xogo é facilmente recoñecible que non hai xogos de nenos nin de nenas, ao igual que non hai contos de ningún xénero.

A maiores, entre os días 23 e 30 de xuño o Concello de Bóveda organiza un campamento de conciliación con actividades diversas de 09:00 a 14:00 horas no Centro Sociocultural e na súa contorna para nenos e nenas de 4 a 12 anos. Só hai 10 prazas, polo que é preciso inscribirse previamente chamando ao teléfono 982 42 61 77. Terán prioridade aqueles nenos e nenas cuxos pais e nais traballen. 

ÚLTIMAS

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...

O IES Daviña Rey e o CEIP Plurilingüe Monte Baliño contarán con Clubs de Lectura nas Bibliotecas

Un total de 431 centros escolares, 53 deles de nova incorporación como serán o...

Axudas para a reestruturación e reconversión das viñas

No DOGA do 26 de marzo publicouse a Orde da Consellería do Medio Rural...

6 empresas locais constrúen novas naves no Polígono dos Acivros, en Chantada

O alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo Varela, vén de visitar o Polígono dos Acivros...