HomesociedadeA oficina de correos de Escairón podería perder funcións?

A oficina de correos de Escairón podería perder funcións?

A Asociación Veciñal do Saviñao considera que este servizo é básico para a sociedade do Saviñao dada a dispersion poboacional e a extension deste municipio.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Asociación Veciñal do Saviñao diríxese á Alcaldía e partidos da Corporación Municipal para trasmitirlles o rumor que circula no seo do corpo de Correos. Segundo sinalan “coa inminente xubilación do Xefe local da oficina de Escairón, corre serio risco de que desapareza a nosa oficina para ser integrada na de Monforte ou Chantada, incorporando nesas cabeceiras comarcais aos traballadores, tal e como xa aconteceu nos veciños concellos de Pantón e Sober.”

A asociación considera que este servizo é básico para a sociedade do Saviñao dada a dispersion poboacional e a extension deste municipio (200 quilómetros cadrados), “e afondaríase na xa triste e decadente realidade da desaparición do mundo rural. Recordamos que O Saviñao foi no pasado ano o concello que mais habitantes perdeu do sur de Lugo.”

Instan á Corporación Municipal e aos partidos politicos a que poñan todo o interese na defensa dos servizos públicos que quedan no territorio e se comprometan a encabezar os contactos e accións necesarias para evitar esta sensible perda. “Debemos anticiparnos antes de atoparnos diante dunha situación irreversible de feito consumado, despois sería demasiado tarde”, conclúen.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...