Iniciosociedade100.000 euros da Deputación para a nova película de Dani de la...

100.000 euros da Deputación para a nova película de Dani de la Torre por promocionar os recursos da provincia

A Xunta de Goberno aprobou 100.000€ para o filme Live is Life do cineasta lucense, rodado na Ribeira Sacra, co obxectivo de apoiar ao audiovisual e de favorecer a proxección nacional e internacional da provincia e, con elo, a actividade turística.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A voceira socialista do Goberno da Deputación, Pilar García Porto, anunciou este venres que a institución colaborará cunha aportación económica de 100.000€, a través dun contrato de patrocinio, coa nova película do director de cine lucense Dani de la Torre, Live is Life, unha medida que contribuirá á promoción dos recursos da provincia de Lugo en tanto que o filme tivo a Ribeira Sacra como escenario de rodaxe, en concreto, os municipio de Pantón, Sober, Quiroga, O Saviñao e Monforte de Lemos.

“A película Live is Life é un escaparate excepcional da provincia, que estamos convencidos de que axudará a dar a coñecer os nosos recursos e que atraerá a novos visitantes, impulsando o turismo, nunha situación moi complexa para o sector debido á crise sanitaria provocada pola Covid-19”, explicou a Deputada.

García Porto puxo en valor o traballo do cineasta Dani de la Torre e argumentou que “esta colaboración económica é un investimento, polo retorno que leva consigo en termos de promoción”. A colaboración responde “á nosa aposta por consolidar á provincia de Lugo como un escenario de rodaxe de producións audiovisuais, porque isto dinamiza a economía e favorece a creación de emprego”, subliñou.

Bonos Impulso

Na Xunta de Goberno deste venres aprobouse tamén a listaxe dos preto de 700 establecementos da provincia que se adheriron aos Bonos Impulso da Deputación. A relación dos negocios xa está publicada na páxina web da institución provincial e este sábado publicarase no Boletín Oficial da Provincia, para que as persoas que xa pediron un bono ou que estean interesadas en solicitalos poidan consultar xa os negocios que están adheridos e onde poderán facer no seu momento as compras para desfrutar dos descontos.

O prazo de solicitude dos Bonos Impulso estará aberto ata o próximo día 21 de xuño e, unha vez recibido, os beneficiarios poderán gastalos ata o día 31 de agosto. En total, a Deputación de Lugo repartirá 17.000 descontos nominativos de 30 €, para compras dun mínimo de 60 €, cos que se mobilizarán en torno a 1,5M€.

Rede provincial de estradas

O Goberno da Deputación aprobou a adxudicación doutros tres lotes do contrato para a roza de estradas provinciais por un importe que suma preto de 300.000 €. Son os lotes que afectan aos concellos de Cervantes, Pedrafita do Cebreiro, Taboada, O Saviñao, Bóveda, Pobra do Brollón e Monforte de Lemos.

ÚLTIMAS

RaizameS, un ‘Encontro da Cultura do Viño da Ribeira Sacra’ en Taboada

RaizameS é un evento innovador e cun formato diferenciador en relación cos eventos do mundo do...

Asemblea xeral da Asociación de Municipios do Camiño de Inverno en Chantada

A Asociación de Municipios do Camiño de Inverno reuniuse este mércores pola mañá na...

O PP de Monforte culpa a Tomé e aos seus “caprichos persoais” da marcha do CRAEGA de Monforte

Antonio Ameijide e Katy Varela consideran que José Tomé despois de ver como o...

Monforte mantén viva a tradición dos maios

O Concello de Monforte de Lemos celebrará unha nova edición do tradicional concurso de...