HomesociedadeOs traballadores de FCC de Monforte irán á folga indefinida se non...

Os traballadores de FCC de Monforte irán á folga indefinida se non se asina convenio

A Secretaria de Acción Sindical de CCOO Lugo valora positivamente a receptividade da dirección de FCC medio ambiente coa plataforma reivindicativa do persoal para renovar o convenio colectivo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Desde CCOO e unha vez consultada e debatida pola Asemblea aprobouse a seguinte proposta:

  • 1° vixencia convenio 4 anos 2021 2022 2023 2024.
  • 2° subida salarial 5% por cada ano de vixencia.
  • 3º xornada laboral chegar á libranza de 22 sábados ao ano (actualmente está en 11)
  • 4° Plus de festivos dobres voluntarios 100 €.
  • 5° “Epis de traballo”. Mellora da calidade dos mesmos (traxes botas traxes de auga) dotación de bandas reflectoras para aumentar a visibilidade como consecuencia do alto risco nocturno.
  • 6° Pasar a indefinidos aos traballadores temporais por orde de antigüidade na empresa.

Desde a Secretaria de Acción Sindical instan á dirección da empresa de recollida de lixo en Monforte a non dilatar a firma, xa que o persoal está disposto a convocar unha folga indefinida se ao final de xullo non houbese avances significativos na mesa de negociación. Comisións tamén lembrou á dirección de FCC que chegou o momento de “recoñecer o labor de sector esencial como quedou patente durante a pandemia, equiparables a sanitarios, bombeiros, policía e profesores.

ÚLTIMAS

O PP advirte que “o Goberno de Sánchez non compromete unha data para o remate da rehabilitación da N-540”

Os deputados do PP no Congreso por Lugo e Ourense consideran preocupante que “o...

Xornada de formación ambiental e pesca responsable en Monforte

A cidade de Monforte acolleu unha interesante xornada formativa sobre medioambiente e pesca responsable...

O BNG demanda explicacións á Xunta polo proxecto da planta de almacenaxe de enerxía en Pesqueiras

O deputado do BNG no Parlamento galego, Iago Suárez, manifesta "preocupación e inquietude" polo...

Do 17 ao 19 de abril, Foro Rural Sustentable en Castro Caldelas

A IV edición do Foro Rural Sustentable, este ano con sede en Castro Caldelas,...