HomesociedadeSarria, anfitrioa do proxecto “Alfombras para o Camiño”

Sarria, anfitrioa do proxecto “Alfombras para o Camiño”

A comisión xestora de entidades alfombristas do Camiño de Santiago, con sede en Ponteareas, escolleu esta vila como representante do ‘Camiño Francés’ para realizar unha alfombra floral o día 12 de xuño.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Sarria é unha vila unida á tradición xacobea ao ser atravesada polo Camiño de Santiago Francés, itinerario declarado como “Ben Patrimonio da Humanidade” pola UNESCO.

Atópase a 111 quilómetros de Santiago o que lle outorga un atractivo importante para comezar aquí a peregrinación a Compostela. Trátase dun punto válido para comezar o camiño a pé, xa que a distancia mínima para obter a Compostela son 100 quilómetros.

Alfombristas de Ponteareas –unha das vilas de Galicia onde máis se vive esta tradición da arte efémera–, e doutras vilas de Galicia, achegaranse ao Concello de Sarria o 12 de xuño para facer unha alfombra dentro do proxecto denominado “Alfombras para o Camiño”; unha iniciativa coa que se queren poñer en valor os diversos camiños que levan a Santiago de Compostela.

A forma de desenvolver este proxecto consiste en elaborar unha alfombra floral en diferentes vilas de Galicia por onde pasa algún dos Camiños de Santiago oficiais e conta co apoio económico da Xunta de Galicia a través de “O teu Xacobeo”, un programa de axudas específicas para a dinamización sociocultural do Camiño Santiago e a promoción do Xacobeo 2021-22.

Así, pois, alfombristas de Ponteareas e outras localidades farán parada en Sarria este sábado, día 12 de Xuño, para realizar una mosaico floral onde a Igrexa de San Salvador de Sarria, na rúa Maior. A alfombra reproducirá motivos sacados do Claustro do Mosteiro da Madalena e o escudo da Orde da Mercé.

ÚLTIMAS

Máis de 350 proxectos atendidos no polo de emprendemento de Monforte

Mariño explicou que este centro ten atendido máis de 350 proxectos e promovido a...

O PP de Monforte leva a pleno solucionar as “deficiencias” do Polígono do Reboredo

Na moción que defenderán os concelleiros do Grupo Municipal Popular pídese ao goberno local...

Máis de 80 participantes nos obradoiros gratuítos de dixitalización impartidos nas parroquias de Monforte

A formación ofertada tiña por obxectivo capacitar en habilidades tecnolóxicas básicas á veciñanza do...

Juan Bouzo, o Caldelao que chega aos 104 anos

Juan Bouzo, un veciño de Castro Caldelas que alcanzou a idade de 104 anos,...