HomesociedadeO Saviñao continúa o plan de aglomerado municipal en Vilaesteba, Vilela e...

O Saviñao continúa o plan de aglomerado municipal en Vilaesteba, Vilela e Rebordaos

O Concello do Saviñao continúa co plan municipal de aglomerado iniciado o mes pasado para mellorar as vías municipais das distintas parroquias, e ao que destina 700.000 euros.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Nesta ocasión o concello do Saviñao traballa na mellora dos accesos a Sanxumil, na parroquia de Vilaesteba; a Quintairo, na de Vilela; a Vexe e a Pacios, na de Rebordaos; e o que vai dende a estrada da Deputación ao Pontillón, na de Vilelos. 

Deste xeito, o alcalde Carlos Armesto, que superviou os traballos, explica que son actuacións “que permiten vertebrar o municipio pois moitas destas estradas son empregadas para dar acceso ou saír dos núcleos de poboación entre si”. Segundo o máximo mandatario municipal as obras avanzan “a bo ritmo, de forma que se espallarán ao longo dos meses sacando unha media de dúas por día”. 

Estradas xa rematadas

As actuacións, ademais do aglomerado en quente, inclúen o desbroce e a limpeza de cunetas. En días pasados, a empresa adxudicataria rematou a estrada que une A Reguenga coa Senra, na parroquia de Mourelos, e que comunica distintos núcleos do municipio; e os accesos a Vilar, na parroquia de Marrube.

Armesto explica que “o resultado das actuacións é bo” e lembra que estas intervencións se engaden a outras obras postas en marcha recentemente polo goberno local co obxectivo de “dotar de máis e mellores servizos aos nosos veciños”. É o caso da traída de auga da parroquia de Diomondi que se prevé rematar no verán ou a mellora do parque infantil da rúa Xan de Forcados, en Escairón.

ÚLTIMAS

CSIF alerta da falta de persoal na presa Vilasouto e no regadío Val de Lemos

A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF) instou ao Ministerio para a Transición...

Visita a Italia do alumnado de 4º de ESO do IES A Pinguela

O IES A Pinguela vén de dar remate á estancia en Italia co gallo...

O Concello de Taboada adquire os terreos para o Paseo da Medela e prevé rematar a obra en outubro

A Tenencia de Alcaldía do Concello de Taboada adquiriu a superficie necesaria para executar...

A Carreira Popular de Monforte bate o seu récord de inscricións

A 26 edición da Carreira Popular de Monforte, que se celebrará este domingo 26...