HomesociedadeQuiroga quere converter Vieiros nun referente turístico

Quiroga quere converter Vieiros nun referente turístico

Trabállase na segunda fase da pavimentación do núcleo de Vieiros. Ademais da pavimentación con pedra rústica, realizouse o saneamento e a canalización de augas e electricidade.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este núcleo do concello de Quiroga que se atopa a máis de 900 metros de altitude dentro da parroquia da Seara estivo practicamente deshabitado nos anos 90, pero agora recuperou algúns veciños que están poñendo en marcha proxectos de rehabilitación.  

Este espírito emprendedor é o que ten que apoiar a administración, como recalcou o rexedor local, Julio Álvarez, na visita a esta obra. O núcleo conta con importante recursos naturais, como a fervenza de Vieiros,  potenciada dende hai anos polo concello cunha ruta que permite contemplar esta espectacular fervenza e o río Selmo. 

O goberno local aposta porque este núcleo poida ser dentro de dous anos un referente turístico e ambiental  do Xeoparque Montañas do Courel como xa é a Seara, núcleo moi próximo a Vieiros. 

Esta obra, tanto na  primeira fase do proxecto como nesta segunda, está enmarcada dentro do Plan Único de Cooperación entre a Deputación Provincial e o Concello de Quiroga.

ÚLTIMAS

O enólogo Roberto Regal contribúe ao nacemento da primeira adega comunitaria de carácter público de Asturias

Roberto Regal e o seu equipo, liderado pola enxeñeira Carmen Fernández Ledo, traspasaron fronteiras...

Espertamonforte e BNG denuncian os riscos da ‘Senda Verde Monfortina’

O proxecto de restauración ambiental e creación de sendas peonís nas marxes dos regatos...

Antom Garcia presenta na Pobra do Brollón un ensaio sobre a pegada da emigración galega en Lisboa

A través de fontes históricas e literarias, o ensaio de Antom Garcia Rodrigues indaga...

Triacastela recibe a Antonio Barros e iAlma co espectáculo “O Camiño de Vieiras Amarelas”

Triacastela será este sábado unha nova etapa de "O Camiño de Vieiras Amarelas", o...