HomesociedadeMonforte segue a mellora de infraestruturas viarias en Rioseco e Concepción Arenal

Monforte segue a mellora de infraestruturas viarias en Rioseco e Concepción Arenal

Comezan as actuacións de mellora do firme en dúas vías urbanas da cidade, en concreto, a rúa Concepción Arenal e a vía principal de Rioseco, incluídas dentro do programa de actuacións de mellora planificadas polo Equipo de Goberno para as infraestruturas viarias monfortinas.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

No caso da rúa Concepción Arenal as obras de mellora deron comezo o este mércores 16 de xuño e abarcan a mellora íntegra do seu firme dende a plazuela da Estación ata a rúa Morín, nun tramo lineal de 235 metros. As obras están sendo executadas pola empresa Taboada y Ramos, sobre un orzamento de 23.554,07 euros.

Neste caso, “con esta actuación na rúa Concepción Arenal” o Alcalde salienta que “todas as rúas do barrio da Estación, un dos barrios emblemáticos da nosa cidade, foron xa renovadas e arranxadas no seu firme”.

As obras na vía principal de Rioseco acomenten a mellora do seu firme, dende o enlace coa vía Chamoso Lamas ata a pista do Canal, que da acceso a “Hormigones La Estrella”. As actuacións na vía principal de Rioseco desenvólvense en 740 metros lineais, e contan cun orzamento de 30.301,46 euros, sendo desenvolvas pola empresa Construcciones Racer S.L. O prazo para a execución das mesmas, se as condicións climáticas o permiten, está estimado en 1 mes.

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...