HomesociedadeO VII Conde de Lemos nun selo conmemorativo de Correos

O VII Conde de Lemos nun selo conmemorativo de Correos

O Concello de Monforte e Correos presentan un proxecto polo que un monfortino, o VII Conde de Lemos, Don Pedro Fernández de Castro, será protagonista dun selo histórico emitido por Correos de España.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A colaboración entre ambas entidades materializouse na concreción dun proxecto que actualmente atópase na fase de deseño do selo, a cargo do departamento de Filatelia de Correos, en coordinación cos técnicos do concello monfortino.

Tomé Roca, explicou que “dende que son Alcalde de Monforte de Lemos, sempre tiven a vontade e a preocupación porque un monfortino como o VII Conde de Lemos protagonizara un dos selos de carácter histórico, dentro das coleccións que Correos adoita facer con este motivo”.

O presidente de Correos sinalou que a emisión “además de poner de relieve la figura del VII Conde de Lemos, se convertirá en el mejor aliado a la hora de divulgar y promocionar el rico patrimonio de Monforte de Lemos”.

Impacto publicitario para Monforte e a Ribeira Sacra

A tirada oficial en toda España do selo do VII Conde, prevista para o próximo mes de outubro, suporá unha acción promocional de gran relevancia para Monforte de Lemos e para a Ribeira Sacra, que viaxará máis aló das fronteiras do pais.

“Monforte de Lemos, como capital da Ribeira Sacra, que alberga un importante patrimonio monumental, artístico e paisaxístico, contará cunha destacada campaña promocional que fará que chegue a moitos fogares de España e do Mundo, a través do correo postal e, tamén, entrando a formar parte dese catálogo de selos de personaxes históricos de Correos” destacou Tomé Roca.

Desta forma, o Equipo de Goberno monfortino, segue desenvolvendo importantes accións promocionais, entre as que cabe destacar as levadas a cabo no último salón turístico internacional, Fitur, ou a que acollerá a etapa 19 da Volta Ciclista a España o próximo 3 de setembro.

O presidente de Correos tamén destacou que “el lenguaje universal de los sellos los convierten en el mejor escaparate para dar a conocer los atractivos turísticos que posee un lugar: su arte, sus monumentos, su gastronomía y su cultura”.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao solicita retirar o peche perimetral que se instalou na Devesa

A Devesa de Escairón é un elemento patrimonial natural urbano datado nuns 400 anos...

Monforte instalará na Praza de España unha pantalla xigante para a final do Mundial

O concello de Monforte instalará unha pantalla xigante na Praza de España o próximo...

O concello de Chantada aproba unha operación de crédito por valor de 4.189.546€ “para executar importantes melloras no municipio”

O Concello de Chantada comezou a semana celebrabando sesión plenaria extraordinaria cun único punto...

Baixo Zero, grupo de música revelación da Ribeira Sacra, de concerto en Ribas de Sil  

A terraza de Las Vegas, en San Clodio (Concello de Ribas de Sil), acollerá...