HomesociedadeSolta de 75.000 alevíns de troita en ríos do sur da provincia

Solta de 75.000 alevíns de troita en ríos do sur da provincia

A Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda levou a cabo unha solta de alevíns de troita para repoboar os ríos da zona sur de Lugo. En concreto, nos últimos días introduciron arredor de 75.000 exemplares nos ríos Lóuzara, Lor, Mao e Cabe.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Axentes ambientais do Servizo de Patrimonio Natural desprazáronse a diversos puntos para realizar a solta de alevíns, na que tamén participou o actual campión galego de pesca sen morte, Alejandro Pérez Trebolle, quen destacou a gran calidade e cantidade dos alevíns.

Esta actuación de recuperación medioambiental beneficiará aos concellos do Incio, Folgoso do Courel, Quiroga, Monforte de Lemos e A Pobra do Brollón.

Na provincia de Lugo desenvólvense nesta época outras accións encamiñadas a recuperar as concas fluviais cuns 150.000 alevíns de troita común e 90.000 de salmón procedentes dos criadeiros específicos destas especies que a Xunta ten no Veral (Lugo) e Goó (O Incio), onde se obteñen as crías grazas á reprodución de exemplares autóctonos de troita e salmón que foron capturados nos propios ríos con anterioridade.

O persoal técnico planifica a repoboación con especies autóctonas naquelas situacións nas que o proceso natural poida resultar imposible ou dunha duración excesiva. No resto dos casos, procúrase que sexan as poboacións existentes na mesma conca fluvial as responsables de colonizar os treitos afectados por episodios de mortalidade.

ÚLTIMAS

Un novo cineclub en Monforte reforzará a oferta audiovisual e cultural da cidade

As proxeccións terán lugar todos os venres ás 20.00h no Ateneo Casino de Monforte...

Taller de Subvencións para Emprender e para Empresas Galegas, o 28 de xaneiro online

Durante o taller daranse a coñecer a subvencións para promover e apoiar ás persoas...

“Os maragatos da Porta de San Pedro”, a exposición na Casa da Cultura de Chantada ata o 29 de xaneiro

Compoñen a mostra 12 paneis en galego e castelán que recollen a historia da...

Sarria presenta a 18ª edición da Festa do Cocido do Porco Celta

O Concello de Sarria vén de presentar unha nova edición do seu evento estrela...