HomesociedadeA bandeira arco iris, loce xa no balcón da Casa do Concello...

A bandeira arco iris, loce xa no balcón da Casa do Concello de Monforte

O concello súmase deste xeito aos actos de celebración do 'Día do Orgullo LGTBI+' que terán lugar o vindeiro luns 28 de xuño en todo o mundo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Deste xeito, e tal como se veu facendo en pasadas edicións, este venres 25 de xuño procedeuse a colocar no balcón da Casa Consistorial a bandeira arco iris, símbolo en todo o mundo da comunidade LGTBI+ (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, así como todas as persoas que non están recollidas nas denominacións anteriores).

A bandeira permanecerá pendurada ata o venres 2 de xullo, tal e como se veu facendo todos estes anos para conmemorar o Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBI+.

Con este xesto, compartido con outras institucións e administracións, o Concello de Monforte quere representar o seu compromiso pola igualdade, a liberdade e a diversidade e o seu rexeitamento ás discriminacións dirixidas a calquera persoa pola súa condición sexual.

Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, manifestou, en nome de todos os veciños e veciñas de Monforte “o noso apoio institucional e social a esta celebración do Día do Orgullo LGTBI+, co obxectivo de facer visible á nosa sociedade a diversidade sexual, á vez que promovemos a igualdade, liberdade e o respecto de todas as persoas”.

Así mesmo, engadiu que “condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia, tanto física como verbal, e exercida contra calquera persoa ou colectivo, ben sexa por razóns de orientación ou identidade sexual ou ben sexa por calquera outro motivo que supoña un ataque ós dereitos fundamentais e liberdades das persoas”.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...