HomesociedadeA bandeira arco iris, loce xa no balcón da Casa do Concello...

A bandeira arco iris, loce xa no balcón da Casa do Concello de Monforte

O concello súmase deste xeito aos actos de celebración do 'Día do Orgullo LGTBI+' que terán lugar o vindeiro luns 28 de xuño en todo o mundo.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Deste xeito, e tal como se veu facendo en pasadas edicións, este venres 25 de xuño procedeuse a colocar no balcón da Casa Consistorial a bandeira arco iris, símbolo en todo o mundo da comunidade LGTBI+ (lesbianas, gays, transexuais, bisexuais e intersexuais, así como todas as persoas que non están recollidas nas denominacións anteriores).

A bandeira permanecerá pendurada ata o venres 2 de xullo, tal e como se veu facendo todos estes anos para conmemorar o Día Internacional dos dereitos das persoas LGTBI+.

Con este xesto, compartido con outras institucións e administracións, o Concello de Monforte quere representar o seu compromiso pola igualdade, a liberdade e a diversidade e o seu rexeitamento ás discriminacións dirixidas a calquera persoa pola súa condición sexual.

Neste senso, o Alcalde, José Tomé Roca, manifestou, en nome de todos os veciños e veciñas de Monforte “o noso apoio institucional e social a esta celebración do Día do Orgullo LGTBI+, co obxectivo de facer visible á nosa sociedade a diversidade sexual, á vez que promovemos a igualdade, liberdade e o respecto de todas as persoas”.

Así mesmo, engadiu que “condenamos a discriminación ou calquera outra forma de violencia, tanto física como verbal, e exercida contra calquera persoa ou colectivo, ben sexa por razóns de orientación ou identidade sexual ou ben sexa por calquera outro motivo que supoña un ataque ós dereitos fundamentais e liberdades das persoas”.

ÚLTIMAS

A posta en valor do sector agroalimentario centra un encontro entre o alcalde de Bóveda e o director de AGACAL

Durante o encontro abordouse a importancia de seguir avanzando na valorización das producións agroalimentarias,...

Comezan as Festas Patronais de San Clodio, en Ribas de Sil

A capitalidade de Ribas de Sil, San Clodio, comeza este mércores, 12 de agosto,...

A Deputación transferirá a Casona ao concello do Incio e axudará na súa rehabilitación

Este martes, 11 de agosto, o alcalde do Incio mantivo unha reunión de traballo...

Chantada informa dos principais puntos de observación da eclipse no municipio

Guiaron o encontro o astrofísico, Borja Tosar e a optometrista, Teresa Feás e María...