Homesociedade24 adegas participarán en agosto na XLI Feira do Viño de Amandi

24 adegas participarán en agosto na XLI Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober mantivo recentemente unha xuntanza coas adegas para perfilar esta nova edición que se celebrará o 11 e o 12 de agosto coincidindo coa Feira da Rosca.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober mantivo recentemente unha xuntanza con representantes das adegas do Concello inscritas na D.O. Ribeira Sacra para perfilar detalles de cara a unha nova edición da Feira Mostra do Viño de Amandi que este ano se celebrará os días 11 e 12 de agosto coincidindo coa Feira da Rosca.

O formato será aberto ao público, pero con control de acceso. Haberá venda anticipada de entradas e 5 franxas horarias en cada xornada coa asistencia dun máximo de 150 persoas en cada franxa.  Poranse á venta tickets que serán canxeables nos stands por degustación de viños. 

Están ultimándose os detalles da celebración que oficialmente será presentada ao público xunto co cartel anunciador obra do vilalbés Eduardo Pérez Bahamonde a mediados do mes xullo. Ese día dará comenzo o Mes do Amandi, que contará con diversas actividades que terán ao viño de Amandi como protagonista.

Como en edicións anteriores, haberá cata oficial con premios aos tres mellores tintos da colleita de 2020,  un premio para brancos 2020 e un premio para tintos de añadas anteriores a 2019.

Nos próximos días irán adiantándose novos detalles desta edición especial que por primeira vez se celebrará en agosto. 

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...