HomesociedadeVendidas 6 parcelas no Polígono Industrial de Monforte por 705.139 euros

Vendidas 6 parcelas no Polígono Industrial de Monforte por 705.139 euros

O Consello de Administación de SEA autorizou cinco operacións, que afectan a seis das oito parcelas que quedaban dispoñibles no Polígono do Reboredo e que suman 36.161 metros cadrados en total.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O director xeral de Sepes (Entidade Estatal de Suelo), Lucrecio Fernández e a xerente de “SEA” (Suelo Empresarial do Atlántico), Beatriz Sestayo, participaron este martes no Consello de Administración trimestral de SEA no que se autorizaron ata un total de 16 operacións, que supoñen unha cifra récord de 3,7 millóns de euros en tres meses, nos parques empresariais de Laracha, Cee, Rianxo, Vilanova, Monforte e Rábade.

O Consello de Administración do último trimestre certificou a consolidación e os froitos da estratexia impulsada nos últimos dous anos desde “SEA”, ao confirmar operacións que suman en total 3.774.276’11 euros (máis IVE/IVE) e que supoñen a futura explotación e utilización por empresas de distintos sectores de 92.153,99 metros cadrados. “A estratexia de Suelo Empresarial do Atlántico está a dar os seus froitos e en dous anos pechamos operacións por 13 millóns de euros en Galicia, que supoñerán a creación de case un milleiro de postos de emprego, e revalorizamos áreas empresariais e industriais que estaban practicamente paralizadas”, subliñou Beatriz Sestayo.

Segundo os datos expostos pola xerente de “SEA” no Consello, o parque empresarial de Monforte de Lemos suma un groso importante das operacións e afiánzase como eixo industrial e empresarial na provincia. En concreto, o Consello autorizou cinco operacións, que afectan a seis das oito parcelas que quedaban dispoñibles e que suman 36.161 metros cadrados en total. O importe das operacións ascende a 705.139 euros. As empresas que se fixeron con chan están vinculadas a distintos sectores, como a industria ou a alimentación.

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...