HomesociedadeRodrigo, afectado por unha enfermidade rara, recibe en Láncara o apoio do...

Rodrigo, afectado por unha enfermidade rara, recibe en Láncara o apoio do PSOE

A Voceira de Sanidade no Congreso dos Deputados, Ana Prieto, o secretario de organizacón do PsdeG, Jose Antonio Quiroga reuníronse este venres na casa do Concello de Láncara con Ana López, a nai de Rodrigo, un menor afectado por unha enfermidade rara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A familia de Rodrigo puxo en marcha unha campaña en www.osoigo.com, dirixida ao Congreso, para demandar máis investigación e axudas para casos como o do seu fillo. Esta xuntanza realizouse a raíz da denuncia feita pola familia a través dos medios de comunicación, e da que se fixo eco o Alcalde da vila, Darío Piñeiro e a concelleira de Servizos Sociais, Begoña López, quen tamén participaron neste encontro. 

“Dende o Concello de Láncara prestamos toda a axuda que sexa necesaria para mellorar a calidade de vida de Rodrigo. Sabemos que a súa situación é complexa, pero traballaremos dende tódolos ámbitos para que poida ter unha vida digna, apoiando en todo o que poidamos a súa familia”, remarcou o rexedor.

“Os socialistas compartimos coas asociacións de enfermos a necesidade de mellorar a atención sanitaria que reciben estes pacientes, hai que mellorar na prevención e no diagnostico precoz”. Hai que lembrar ademais que “dende os gobernos socialistas sempre estivemos comprometidos en tentar mellorar a situación dos pacientes con enfermidades raras”, sinalan.

“As enfermidades raras constitúen un enorme desafío para o noso sistema de saúde. Por iso temos que seguir avanzando en integrar as enfermidades raras na planificación global da cobertura universal de forma efectiva, reafirmando o compromiso socialista coa Sanidade Pública, e máis cando a pandemia permitiunos comprobar que a sanidade é unha das políticas públicas máis importantes e máis equitativas”, argumentan.

ÚLTIMAS

A asociación Prodeme representará ao Río Breogán na ‘Copa Campeones’ da Fundación ACB

A Asociación PRODEME de Monforte de Lemos dará un novo paso na súa traxectoria...

Adxudícase por 400€ mensuais o servizo de cafetería do complexo deportivo da Pinguela

Previsiblemente a cafetería abrirá entre finais deste mes e principios de novembro, unha vez...

Unha excelente valoración da Xunta permítelle ao CCU de Monforte aumentar en 6.500 € unha subvención

A directiva prorrogada do CCU de Monforte vén de amosar a súa gran satisfacción...