HomesociedadeHomenaxe póstuma a Luís Caramés da Fundación Belarmino Fernández Iglesias

Homenaxe póstuma a Luís Caramés da Fundación Belarmino Fernández Iglesias

A figura de Caramés foi fundamental para a Fundación, que a situou como lugar de referencia na Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Fundación Belarmino Fernández Iglesias rendeu este sábado unha homenaxe póstuma ao seu antigo presidente, Luís Caramés Viéitez, falecido a principios do pasado mes de xuño.

O presidente de honra da Fundación, Belarmino Fernández Mazorra, destacou a figura de Caramés, polo seu incansable traballo na continuación da visión do fundador, o que permitiu que tanto a Fundación como a Escola sexan dous lugares de referencia na Ribeira Sacra, como dinamizadores da vida económica, social, cultural e do coñecemento.

Homenaxe Caramés / Fundación Belarmino Fernández

O acto tamén contou coa participación dos seus familiares, D. Francisco Conde López, vicepresidente segundo e Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación e amigos, entre eles, D. Ramón Villares.

Desde a Fundación Belarmino Fernández Iglesias aseguran o compromiso de seguir traballando nos proxectos que Caramés encamiñou e fortalecer así o seu legado.

ÚLTIMAS

Case 600 persoas na II Festa Interxeracional do Concello de Chantada

Na primeira edición participaron unhas 350 persoas e este ano case se duplica a...

Actividades para celebrar en familia no Verán Cultural de Chantada

Do 2 de xullo e ata o 30 de agosto, o Concello de Chantada,...

Adrián González, novo voceiro do PP de Quiroga

Adrián González, de 32 anos e vinculado ao deporte, agradece a confianza dos compañeiros...

Iniciativas de Esperta Monforte no pleno deste luns

Esperta Monforte presenta ao pleno unha moción para incrementar a partida de subvencións de...