Iniciosociedade355.000 euros para urbanizar o camiño público do Polígono do Reboredo

355.000 euros para urbanizar o camiño público do Polígono do Reboredo

O concello de Monforte deu a coñecer un novo proxecto incluído no programa de melloras das infraestruturas municipais. Trátase do proxecto de mellora e ampliación dun camiño público existente no Polígono Industrial do Reboredo, para convertelo nunha nova rúa que vai favorecer o desenvolvemento e a ampliación de dito Polígono.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O camiño, que é propiedade do Concello de Monforte de Lemos, mellorarase e ampliarase cara ó seu lado oeste. A vía presenta, na totalidade dos tramos afectados, un firme de terreo vexetal con zonas moi húmidas. “Por todo iso, e debido o mal estado deste camiño, decidimos mellorar, ampliar e urbanizar o mesmo” explicou Tomé Roca.

“Dende o Concello, apostamos claramente polo desenvolvemento deste polígono, tanto nas infraestruturas viarias, como nos servizos de mellora de alumeado, mellora de abastecemento de auga, e melloras no saneamento e promoción diante do tecido empresarial, o que está dando uns excelentes resultados, dado o nivel de venta de parcelas que está practicamente esgotado”, destacou o Alcalde.

A única vía pública do Polígono que faltaba por urbanizar

Os tramos da vía que se inclúen no presente proxecto, forman parte da rede viaria municipal do Concello de Monforte de Lemos, e suma un total de 8.503 m2. A lonxitude sobre a que se actuará é de 490 metros lineais, case medio quilómetro.

A nova vía resultante contará, no seu tramo principal, con:

  • Unha calzada de 7 metros de anchura, composta por dous carrís de 3,50 metros.
  • Dous aparcamentos, a ambos lados da vía de 2,25 metros 
  • Beirarrúas peatonais de 2,50 metros de anchura a ambos lados da vía. 

O segundo tramo da vía, que é perpendicular ó primeiro, construirase para dar acceso á rotonda, cun ancho total tamén de 16,50 metros. Constará de:

  • Unha calzada de 9 metros, con dous carrís de 4,50 metros cada unha.
  • Dúas beirarrúas a ambos os dous lados de 3,74 metros cada unha.

O proxecto ten un custe de licitación de 355.627,16 euros (IVE engadido), e o prazo de presentación de ofertas será de 26 días naturais dende que se publique o anuncio na Plataforma de Contratación, o cal agárdase que sexa hoxe día 12 de xullo, polo que o prazo de presentación estaría aberto ata o 7 de agosto ás 14.00 horas.

Os criterios de valoración para a elección da proposta máis vantaxosa será a oferta económica (un 60% da puntuación total) e as melloras de: substitución da capa de aglomerado de 5 cm por outra de 6 cm; a ampliación do prazo de garantía en un ano, a maiores da garantía obrigatoria que leva consigo este tipo de contratos. Cada unha destas melloras valorarase nun 10% da puntuación total. O 20% restante corresponderá á valoración da memoria técnica relativa á execución da obra. O prazo de execución da obra, unha vez adxudicada, será de 56 días.

ÚLTIMAS

Publícase a declación de utilidade pública e interese social dos polígonos agroforestais de San Xoán de Río e Carballedo

No que vai deste ano, son 7 os polígonos agroforestais aprobados en toda Galicia...

Festa da Xuventude en Chantada este 19 de abril desde as 19:00h

Desde as 19:00h. ás 23:00h. actuarán as charangas Mekanika Rolling Band (comeza na Avda....

Sesión informativa sobre cambios normativos que lle afectan ás persoas con dano cerebral

A Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE) vén de editar unha 'Guía legal' que recolle os principais...

Bóveda e A Pobra do Brollón acollen os actos de ‘conmemoración do combate de Repil’, episodio de represión franquista en Cereixa

O sábado, 20 de abril, terá lugar unha nova celebración dun acto pola recuperación...