IniciosociedadeEstas son as 10 ideas finalistas no VII Concurso de Proxectos Empresariais...

Estas son as 10 ideas finalistas no VII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

Os finalistas veñen de recibir a comunicación de que foron seleccionados; agora deberán presentar o proxecto completo antes do 30 de setembro.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O xurado da VII Edición do Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra dá a coñecer os 10 finalistas desta edición. O Concurso, promovido para incentivar o emprendemento, tiña prazo aberto para presentación de ideas ata o 30 de xuño. Desde entón o xurado avaliou as propostas presentadas para seleccionar as que mellor se adaptaban á filosofía da convocatoria. As ideas seleccionadas son:

  • Castro Art Village // Uhna institución cultural, un campus artístico internacional de organización holística. Proyecto de arte, cultura, benestar e innovación situado na aldea abandonada do Castro, unha ubicación idílica nun miradoiro natural.
  • Ultramarinos Mamasinda // Almacén cultural itinerante. O proxecto consiste nun vehículo mobil (furgoneta, camión ou autobús) que abasteza ás  aldeas e vilas de cultura de forma continuada dentro dunha programación anual.
  • Insectos Galicia // Un proceso de economía circular para poñer en valor o rural con proteínas e abonos sostibles e ecolóxicos.
  • DataWine // Solución integral de hardware e software para asegurar a calidade e trazabilidade do viño, orientada a calquera tipo de adega. Flexible e precisa, está basada en IoT, e utiliza tecnoloxías como Big Data e IA.u.
  • A libraría da Proencia // Venda e tenda on-line e física, nunha casa tradicional do centro de Proendos (parroquia do Concello de Sober), de libros, artesanía da zona, papelaría, postais e outros “souvenirs” relacionados coa contorna e a súa dinamización.
  • Rehabilitación adega típica da Ribeira Sacra.
  • Produción de cogomelos en biomasa forestal // Lepista nuda en follaxe de castiñeiros, Shiitake en tocóns de eucalipto, Sparassis en pinos.
  • Aloxamento na Ribeira Sacra // Suites en cubas de viño.
  • Beniu Solucións // Start-up de recente creación para dar novas solucións ao sector agroforestal e medio ambiental. Emprega drons para a realización de traballos técnicos relacionados con estes sectores.
  • Turismo conscienteRibeira Sacra // Plataforma móbil e web especializada na recomendación de experiencias e creación de plans de turismo na Ribeira Sacra, que nace co obxectivo de revolucionar o turismo a través da tecnoloxía.

Os finalistas veñen de recibir a comunicación de que foron seleccionados; agora deberán presentar o proxecto completo antes do 30 de setembro achegando arquivos PDF, mediante formulario na intranet de concursantes da web www.sementeribeirasacra.org.

Unha vez presentada a documentación, o xurado convocará aos finalistas para a exposición e defensa do seu proxecto (presencial ou telemáticamente segundo as posibilidades de desprazamento pola situación da COVID-19). O fallo do xurado darase a coñecer o día 16 de outubro do 2.021, sempre que as circunstancias o permitan.

Concurso aumenta a dotación dos seus premios e para esta edición contarase cos seguintes premios:

  • 1º Premio – 12.000€
  • 2º Premio –   8.000€
  • 3º Premio –   5.000€

ÚLTIMAS

Últimos días para coñecer a exposición Entroido “Mobiliario Vestido”, na casa da cultura de Chantada

A casa da cultura do Concello de Chantada acolle ata o 30 deste mes...

Literatura, foliada e caldo en Saa, na Pobra do Brollón

Este sábado 30 de marzo á tardiña o Concello da Pobrado Brollón e a...

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...