HomesociedadeMonforte pon en valor o tecido empresarial e turístico cun documental

Monforte pon en valor o tecido empresarial e turístico cun documental

Baixo o título de “Monforte de Lemos, Vía Sacra”, o documental en formato cine, co que, en verbas do Alcalde, “quixemos acadar un dobre obxectivo: amosar o potencial patrimonial, cultural, gastronómico, etnográfico e artístico de Monforte de Lemos e da Ribeira Sacra.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, foi o encargado de introducir a estrea do documental “Monforte de Lemos, Vía Sacra”, unha peza audiovisual na que o Concello monfortino levaba tempo traballando, en colaboración coa produtora Xurdir, e coa participación de diversas empresas monfortinas.

A proxección deste documental tivo lugar na Praza da Compañía de Monforte, e contou coa asistencia de preto de 300 invitados, entre os que se atopaban gran parte da Corporación Municipal así como empresarios e veciños de Monforte. 

Ademais da intervención do Alcalde monfortino, tamén participou no acto previo á proxección do documental, o director do mesmo, Ignacio Seijo.

O vídeo pon en valor a actividade económica, a industria e o tecido empresarial de Monforte de Lemos, especialmente nun momento no que a incidencia da Covid-19  segue a estar moi presente na nosa sociedade, e afectando de cheo ós nosos sectores produtivos”. O documental recolle unha escolma de 22 proxectos empresariais monfortinos, que son os protagonistas desta película, servindo de mostra representativa da actividade económica do Concello monfortino. 

Recoñecemento ó tecido empresarial e apoio durante a crise da Covid

José Tomé destacou “que era moi importante facer un recoñecemento como o que facemos hoxe, ós nosos sectores produtivos, porque o impacto da pandemia supuxo un duro golpe para a súa actividade, e penso que este documental axudará na súa recuperación”.

O Alcalde manifestou o compromiso do Equipo de Goberno ós sectores produtivos monfortinos: “somos moi conscientes das necesidades dos nosos sectores produtivos, e quero trasladarvos que seguiredes contando co noso apoio nestes tempos de dificultades polos que estamos a pasar”.

Neste senso, o rexedor municipal recordou que o dende o inicio da crise da Covid-19, o Concello destinou 1.2 millóns de euros en axudas ós sectores empresariais, o que representa un 8,5% do orzamento municipal, “porcentaxe que no temos noticia que haxa alcanzado proporcionalmente ningunha outra administración.”

Deste xeito, “este documental supón un novo elemento de apoio e unha nova ferramenta de difusión e promoción das nosas principais sinais de identidade. Amosa todo o potencial que temos como cidade, e resalta o esforzo persoal e a profesionalidade dos nosos empresarios”.

O Alcalde concluíu salientado que “dende o Concello queremos seguir promocionando e poñendo en valor ás nosas empresas, á Ribeira Sacra e, por suposto, promocionar tamén a Monforte”.

Tras a emisión do documental, que ten unha duración de 1 hora e 18 minutos,  tivo lugar a actuación musical da artista monfortina Rosa Cedrón, que deleitou ós asistentes con varias pezas do seu repertorio e que foi o colofón da estrea deste significativo documental.

ÚLTIMAS

Quiroga Trail Challenge: máis de 400 participantes inscritos no primeiro mes

O QTC25 comeza a súa particular conta atrás anticipando, por parte da organización, o...

72 persoas con contrato laboral grazas ao Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada

O Programa Integrado de Emprego do Concello de Chantada 23/24, financiado pola Consellería de...

O BNG urxe ao Goberno do PP o arranxo íntegro da LU-651

Iago Suárez lamentou o voto en contra do PP a unha iniciativa que solicitaba...

Teatro para público infantil este 13 de setembro no Multiusos de Monforte

O Concello de Monforte continúa co seu ciclo de teatro correspondente ó segundo trimestre...