HomesociedadeEva Amaral, pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi

Eva Amaral, pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi

A cantante e compositora pronunciará o pregón o vindeiro 11 de agosto ás 12:00 horas na Praza do Concello.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Concello de Sober desvela que Eva Amaral, a cantante, compositora e música española, integrante do grupo de rock​​​ ‘Amaral’ será a pregoeira da XLI Feira do Viño de Amandi, que se vai celebrar na localidade os días 11 e 12 de agosto.

O alcalde, Luis Fernández Guitián, agradece que a música e compositora, vinculada familiarmente coa Ribeira Sacra desde hai anos decidira aceptar o convite para ler o pregón, que pronunciará o vindeiro 11 de agosto ás 12:00 do mediodía na Praza do Concello.

O Goberno local recorda que un dos seus últimos vídeoclips, ‘Halconera’ foi gravado integramente nas paisaxes do Canón do Sil alcanzando un gran éxito a través de Youtube e das redes sociais. Amaral ten compartido ademais en varias ocasións imaxes na Ribeira Sacra, axudando así na súa promoción como destino turístico de natureza.

“Cremos que Eva é unha persoa vinculada á Ribeira Sacra e moi coñecida e recoñecida, polo que nos seguirá axudando a que a nosa cita co mundo do viño siga facéndose máis e máis grande a pesar das circunstancia e das limitacións sanitarias ás que temos que darlle cumprimento”, resume o rexedor. 

ÚLTIMAS

Todo listo para o VII Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte

A conta atrás para a sétima edición do 'Festival do Viño da Ribeira Sacra...

As comarcas de Lemos e Quiroga fan que diminúa o paro na zona sur da provincia en xuño

Por comarcas, as de Lemos e Quiroga foron as que tiveron un mellor comportamento,...

O PP pide no Congreso acceso aos expedientes dos contratos na liña ferroviaria Monforte-Lugo que aparecen nos informes da UCO

O deputado monfortino no Congreso dos Deputados, Francisco Conde, e a deputada autonómica...

O BNG demanda a Transportes melloras na N-120A ao seu paso por Pantón

O deputado do BNG no Congreso, Néstor Rego, sinala a urxencia dos traballos de...