HomesociedadeO concello demanda servizos mínimos ante a folga indefinida no servizo de...

O concello demanda servizos mínimos ante a folga indefinida no servizo de limpeza de Monforte

O Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, vén de asinar o decreto mediante o cal comunica á empresa FCC, adxudicataria do servizo de recollida de lixo e de limpeza viaria no Concello, as necesidades básicas municipais diante da convocatoria de folga indefinida dos traballadores desta empresa, que está previsto que comece o vindeiro luns 9 de agosto.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Este decreto de Alcaldía vén motivado logo de que a empresa FCC comunicara ó Concello a súa proposta  de servizos mínimos que, unha vez analizada polo Técnico municipal de Medio Ambiente, considerou, a través dun informe técnico, que estes servizos mínimos “son insuficientes para dar cobertura as necesidades básicas dos cidadáns e como consecuencia de elo poida darse unha situación de insalubridade para a cidadanía”. Desde o concello apelan a realizar un esforzo negociador para non perxudicar á veciñanza e ao sector produtivo.

De producirse a folga anunciada para o día 9, dende o Concello estímase necesario, en base ó Informe do Técnico Municipal de Medio Ambiente, “atender ós servizos públicos socio-sanitarios e de alta concentración humana, sobre todo tendo en conta a situación de pandemia na que nos atopamos”.

O Decreto de Alcaldía, que foi trasladado á empresa FCC, contempla que, dentro dos servizos mínimos debe recollerse o lixo en:

  • Hospital Comarcal.
  • Centro de Saúde.
  • Residencias de Maiores.
  • Centros de Día.
  • Edificios Municipais.
  • Garderías, Colexios e Institutos.
  • Cemiterio.
  • Casco Histórico e Parador de Turismo.
  • Mercado Gandeiro (Feira).
  • Praza de Abastos.
  • Estación de Autobuses e de Ferrocarril.
  • Zona peonil, por contar con moita actividade hostaleira e comercial, así como unha alta concentración de persoas.

O Decreto emitido polo Alcalde tamén incide en que “si se chega a producir unha situación que o Concello entenda coma insalubre para os cidadáns, o Concello, igual que xa se ten feito noutras cidades, tomará as medidas necesarias para recoller o lixo e limpar as rúas”. Tamén se fixan servizos mínimos na prestación do Servizo de Recollida e Transporte de Residuos Urbanos, Limpeza Viaria e outros servizos complementarios do Concello.

ÚLTIMAS

Do 21 de abril ao 20 de maio pódese solicitar a inscrición en Artelemos 2026

As artesás e artesáns interesados en participar deberán presentar o modelo normalizado de solicitude...

Xornada informativa sobre a regularización extraordinaria de persoas migrantes, este 22 de abril no Auditorio Municipal de Chantada

A actividade que se desenvolverá no Auditorio Municipal de Chantada está aberta ás persoas...

Este 20 de abril celébrase a imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

A imposición de Medallas pon fin ao procedemento de Símbolos e Distincións recollido na...

Vicepresidencia recupera os restos da antiga torre do Pazo de Tor en Monforte

O proxecto pretende poñer en valor este elemento construtivo, contiguo ao muro de peche...