HomesociedadeAsí se gastan 999 euros en 53 minutos

Así se gastan 999 euros en 53 minutos

Eate sábado, día 7 de agosto, ás 10:36 minutos da mañá comezou a xornada de compras da oitava edición da campaña 60x1.000, na que participaron 32 establecementos da Asociación de Comerciantes e Empresarios de Sarria.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A premiada foi Cristina Quirón, que acudiu acompañada da súa prima Erika para realizar as compras. A ACES puxo á súa disposición un coche antigo que a acompañou durante todas as súas compras polos comercios de Sarria. Rodeada dunha reporteira e fotógrafo, Cristina gastou os 999,07 € en case 53 minutos, sobraronlle 7 minutos do tempo máximo establecido, para mercar.

Cristina mercou en 9 comercios, dos 32 participantes. En primeiro lugar dirixiuse a xoguetería “DON DINO” onde mercou varios xoguetes para o seu fillo. O segundo comercio foi a zapatería “CALZADOS GAYOSO” onde mercou tres pares de zapatillas deportivas. Posteriormente visitou a “XOIERÍA DÍAZ”, onde mercou un reloxo, varias pulseiras e un colar. O saír da xoiería subiu de novo ao coche que a esperaba e desprazouse ata a Rúa Nova, para mercar un microondas e un secador en “ELECTRONOVA”; que completou cunha mochila para o seu neno en “LOS SUEÑOS DE UXÍA”.

Tras unha nova viaxe no coche que a trasladaba aos comercios, chegou ata “SABRINA MODA” onde ás carreiras mercou tres prendas de roupa; e continuou por “DIMAR” onde mercou roupa para o fogar. Para o final deixou a “VILAMEY COMPLEMENTOS” onde levou dous bolsos (comercio que lle dera sorte e que quixo visitar); e a “COLORÍN COLORADO” mercando de novo roupa para o seu cativo. Así remata esta campaña que tivo, como nas edicións anteriores, gran acollida entre os nosos asociados e o público de Sarria.

ÚLTIMAS

“Aquietar a mente”, novo Faladoiro en Quiroga este 30 de abril

María Teresa Taboada, “Tere para @s amig@s”, é de familia quiroguesa por parte de...

A Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón preséntase como unha experiencia

As actividades da Mostra de Viños da Ribeira Sacra de Pantón déronse a coñecer...

Obradoiro de adolescencia e contido online, este 9 de maio en Chantada

O Concello de Chantada organiza o 9 de maio no Auditorio Municipal de Chantada...

Despois dunha “longa noite de pedra” Galicia recupera a electricidade no 85% do territorio

A Xunta decretou na noite do luns a Emerxencia 3 o que implica que...