Amandi, Amaral… cantas letras temos en común!

A cantante Eva Amaral abriu este mércores, 11 de agosto, a XLI Feira do Viño de Amandi coa lectura do pregón.

Pregón XLI Feira do Viño de Amandi / concello de Sober

“Amandi, Amaral… cantas letras temos en común!

Ou quizais é que nesta terra conxúgase como en ningún outro lugar o verbo amar. Non en balde, foi o amor o que me trouxo ata aquí hai algúns anos, e a paixón que derrochades en todo o que facedes, o que me conquistou definitivamente.

Vinvos loitar contra os elementos. Vin aos máis anciáns (aí é nada) chorar de pena e impotencia o ano en que a xeada tardía leva por diante a colleita. Vin o esforzo supremo que supón facer prosperar eses socalcos.

É algo máis que unha tarefa: é vocación e devoción. Non fai falta que vos diga que sodes heroicos porque o voso valor vai máis aló de calquera etiqueta. Quizais sexa a beleza que vos rodea o catalizador de todo o extraordinario que levades dentro. A brisa deliciosamente perfumada que respirades ao camiñar entre fentos e carballos. O sol que vos bendí e a bruma que enche de delicado misterio os amenceres. A auga que leva o Sil, sacro corazón de Amandi, ata as súas veas capilares, os incontables regachos que serpentean nos meses máis húmidos.

Sangue que será sabia e sabia que será viño. Viño e vides en cada casa. O froito do voso traballo para compartir cos veciños ou recibir aos recentemente chegados. A mellor carta de presentación xa que é a pura esencia e substancia do voso espírito e do ecosistema que habitades. O paraíso terreal. O voso patrimonio é humano por natureza e algún día a humanidade enteira saberao, pero no caso de que non chegasen a decatarse, seguiredes sendo o tesouro que algunhas almas errantes tivemos a sorte de atopar para quedarnos.

Pregón XLI Feira do Viño de Amandi / concello de Sober

Brindemos polo amor e a vida

Como non caer rendida de amor ante as historias do tempo de vendima cando nas aldeas familias enteiras axudaban a recoller as uvas dos seus veciños? Todo un exemplo de convivencia e respecto polo ben común.

Chegan a min os ecos de xornadas enteiras arrimando o ombreiro, que terminaban en celebración, en vida, en nenos e nenas pisando uvas entre risas, en pan e mel, en moas de pedra, en barro cocido e madeira para gardalo e transportalo todo.

Tradicións ancestrais que se remontan á época romana. Todos vós grandes e pequenos, estades chamados a celebrar esa herdanza nesta Feira do viño de Amandi. A celebrar tamén que chegastes a cotas de excelencia e que o futuro é voso. Brindemos polo amor e a vida, polos que xa non están e polos que virán. Viva ou viño de Amandi! Viva Sober! Boas festas!

DEIXAR UN COMENTARIO

Please enter your comment!
Please enter your name here