HomesociedadePremiados na XLI Feira do Viño de Amandi

Premiados na XLI Feira do Viño de Amandi

O Concello de Sober agradece o bo comportamento dos asistentes e a activa participación dos adegueiros ano tras ano e pese ás extraordinarias condicións desta edición.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A segunda xornada desta feira, celebrada este xoves 12 de agosto, acolleu a cata final dos viños expostos entre os que resultaron premiados:

  • Categoría de viños tintos da añada de 2020: Don Bernardino, Rectoral de Amandi e Cruceiro.
  • Adega gañadora na categoría de brancos da añada de 2020: Regina Viarum.
  • Outras añadas: Garoubas, da adega A Carqueixa.

A entrega de premios correu a cargo do alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián; o conselleiro de Medio Rural, José González; o director da AGACAL, José Luís Cabarcos; a xefa territorial de Medio Rural, Olga Iglesias; o deputado provincial de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera; e o alcalde de Chantada, Manuel Lorenzo.

Tamén se fixo entrega dun agasallo ao Concello de Chantada, convidado de honra nesta edición, e do primeiro premio do concurso de deseño de carteis a Eduardo Pérez Baamonde.

O alcalde de Sober, Luis Fernández Guitián, cre que “a feira se consolida como un escaparate do viño de Amandi” e explica que “se fai en sinal de homenaxe aos seus produtores. Un día de festa para viticultores e adegueiros, un día para compartir”, destaca.

ÚLTIMAS

A ‘Romaría da Ermida’ xa é Ben de Interese Cultural

A nova de declarar Ben de Interese Cutural á 'Romaría da Ermida' chega no...

Queres participar nunha curta que se rodará do 22 ao 27 de setembro en Rosende?

La Plantación. Encuentros y Conocimiento organiza do 20 ao 29 de setembro un obradoiro...

A CIG Saúde reclama a apertura inmediata da Planta de Medicina Interna no Hospital de Monforte

A CIG Saúde asegura que a suspensión dos quirófanos débese á falta de cama...

​O monfortino Lucas Pavón Sanmartín, subcampión de España de pesca

O Club Pesca Río Cabe vén de colleitar un gran éxito nacional e reafirma...