HomesociedadeMonforte honra á Virxe de Montserrat, Patroa da cidade

Monforte honra á Virxe de Montserrat, Patroa da cidade

Este día 15 de agosto pola mañá a Corporación Municipal encabezada polo Alcalde de Monforte, José Tomé Roca, participou nos actos litúrxicos de honra á Patroa da cidade, a Virxe de Montserrat.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A comitiva oficial encabezada polo Alcalde e formada por diversos membros da Corporación Municipal, así como por representantes dos Corpos e Forzas de Seguridade do Estado, isto é, Garda Civil, Policía Nacional e Policía Local, partiu ás 10:45 horas da Praza do Concello, como é tradición, para dirixirse á igrexa da Régoa, acompañados por un grupo de gaitas. 

A tradición tamén marca que esta celebración na honra da Patroa de Monforte se celebre na igrexa de San Vicente, pero as obras de restauración que se están levando a cabo nela, fixeron que os actos litúrxicos do 15 de agosto se trasladasen á devandita igrexa da Régoa.

A chegada da comitiva oficial á igrexa da Régoa tivo lugar ás 11 horas; o párroco D. Rafael recibiu ó rexedor municipal e, tras elo, iniciouse a eucaristía na honra da Patroa de Monforte, a Virxe de Montserrat. 

Todos os actos na honra á Patroa celebráronse no interior da Igrexa da Régoa, seguindo a normativa de hixiene e distancias de seguridade establecidas polas autoridades sanitarias, e que supoñen unha limitación do aforo e o uso obrigatorio de máscara.

Tras a eucaristía, celebrouse, no interior da igrexa, unha ofrenda floral na que o Alcalde de Monforte depositou flores ante a Virxe. Dous grupos de baile tradicional executaron dúas pezas tamén diante da Virxe e dentro do templo. Tras elo, concluíron os actos de honra á Virxe.

Os Fogos de San Vicente serán os protagonistas hoxe ás 12 da noite, e dende o Concello agárdase que veciños e visitantes poidan disfrutar deles. Neste senso, dado que estes fogos son visibles practicamente dende calquera punto da cidade, dende o Concello recoméndase, á hora de velos, que se respecten as distancias sociais e se sigan as recomendacións das autoridades sanitarias ante o Coronavirus.

ÚLTIMAS

Monforte licita por 280.000€ as melloras do pavimento da Avda de Galicia- Rúa Chantada e Rúa Vigo

Ambas actuacións están incluídas no plan de investimentos en infraestruturas viarias que anunciou o...

Olga Novo da man con Begoña Caamaño no Día das Letras en Quiroga, este 15 de maio

Baixo o título, “Begoña Caamaño, a muller que inventaba o mundo”, a escritora e...

A Ribeira Sacra potencia a súa candidatura co 27º encontro internacional do Convenio da Paisaxe

Os participantes poñerán en común as iniciativas que están a levar a cabo nos...