InicioEconomía318.000 euros para a creación dun viveiro de empresas no Polígono do...

318.000 euros para a creación dun viveiro de empresas no Polígono do Reboredo

Na visita que este mércores realizou ao Polígono do Reboredo o Conselleiro de Economía, Empresa e Innovación, Francisco Conde, o alcalde de Monforte referiuse ao bo estado de saúde desta área empresarial “froito da promoción e dos proxectos de mellora promovidos polo Concello neste polígono nos últimos anos. O éxito que agora vive o Polígono débese en gran medida á aposta decidida que fixemos dende o Equipo de Goberno por desenvolver esta área industrial do Reboredo”.

Publicado o

POR
Redaccion
- Advertisement -

Francisco Conde, acompañado do delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, visitaba este parque empresarial por ser un dos beneficiarios das axudas postas en marcha pola Xunta de Galicia para ofrecer as mellores condicións de servizo ás empresas asentadas nos polígonos e facilitar a captación de novos investimentos.

O Goberno galego destina preto de 318.000 euros ao parque do Reboredo
para acometer os traballos de mellora e ampliación dun camiño público –o único que queda por urbanizar– que permitirá pechar este polígono polo lado Este e pasar dunha vía de menos de catro metros de ancho a unha rúa de 16,5 metros con aparcamento e beirarrúas a ambos lados da calzada.

Ademais, a partida permitirá a adecuación de parte dunha nave industrial para a creación dun viveiro empresarial de 180 m² que favoreza a implantación de novas compañías. Trátase dun dos catro espazos deste tipo impulsados este ano na provincia de Lugo, xunto aos do Corgo, Paradela e Bóveda.

“Hoxe cabe destacar a colaboración entre a Xunta e o propio Concello nun obxectivo común como é a dinamización económica e empresarial e a creación de emprego nun eido importante para Lugo e tamén para Galicia como é a Ribeira Sacra”, asegurou Conde, quen sinalou a vontade da Xunta de “seguir traballando co Concello de Monforte no Plan de reactivación económica para colaborar con pemes e autónomos que están a precisar axudas nestes momentos”. Así, destacou o investimento de máis de 1,8M€ a estes colectivos, con apoios para a implantación de terrazas, dixitalización, comercio e axudas directas, entre outras. “Hai unha colaboración efectiva entre a Xunta e Concello e creo que ese é o camiño que hai que seguir para facer unha Ribeira Sacra máis industrial e que siga sendo capaz de atraer novos proxectos”, destacou.

O Polígono do Reboredo, aposta do concello de Monforte

Desde o concello aseguran que o éxito do Polígono do Reboredo na actualidade fundaméntase nos proxectos desenvoltos polo Equipo de Goberno monfortino nos últimos anos, cun investimento total realizada, no período 2016-2021, que supera o 1,1M€ (concretamente, 1.108.949,26 €), dos cales o Concello aportou 602.703,84 euros e conseguiu axudas da Xunta de Galicia por importe de 506.245,42 euros.

Polígono Reboredo / concello de Monforte

“Dende o Concello, apostamos claramente polo desenvolvemento deste Polígono de O Reboredo, tanto nas súas infraestruturas viarias, como nos servizos de mellora de alumeado, mellora do firme das súas rúas, melloras no saneamento e na súa depuradora, así como na promoción diante do tecido empresarial, o que está dando uns excelentes resultados, dado o nivel de demanda e venta de parcelas fai que a oferta de terreo estea practicamente esgotada”, destacou o Alcalde.

O Concello está a traballar na rehabilitación dunha nave do polígono, propiedade municipal, para convertela nun futuro Viveiro de Empresas, para o cal a inversión destinada polo Equipo de Goberno monfortino supera os 235.000 euros.

Boa mostra da saúde da que goza é a necesidade da ampliación do Polígono para cubrir a demanda actual, necesidade que dende o Concello xa lle foi solicitada hai unhas semanas á SEPE e a Suelo Empresarial del Atlántico, que é a entidade que se encarga da xestión e venta das súas parcelas de uso industrial.

ÚLTIMAS

Roteiro Literario para coñecer as localizacións da novela “A Boca do Monte”, en Quiroga

Preto dun cento de estudantes do IES As Lagoas de Ourense coñeceron o pasado...

O BNG pon en marcha, “Arranxo XA das nosas estradas”, campaña para mellorar as infraestruturas viarias na provincia

O Bloque Nacionalista Galego de Lugo inicia unha nova campaña para reclamar o arranxo...

8ª Andaina polo Corazón de Galicia, o 21 de abril en Chantada

O domingo, 21 de abril, celébrase a 8ª Andaina polo Corazón de Galicia, que...

Que acontece coas Unidades de Drogodependencias dos concellos?

Na última xuntanza dos concellos que contan con Unidades Municipais de Asistencia á Drogodependencia...