InicioTerra de LemosMonforteA Deputación inviste máis de 130.000 euros en continuar as melloras da...

A Deputación inviste máis de 130.000 euros en continuar as melloras da estrada de Monforte a Currelos

José Tomé Roca apunta que a mellora da rede de estradas provinciais é "unha das liñas de actuación prioritarias".

Publicado o

- Advertisement -

A Deputación de Lugo adxudicou a licitación das obras de rehabilitación dun novo tramo da estrada LU-P-3202, que une Monforte de Lemos co núcleo poboacional de Currelos, no concello de Saviñao. As obras de mellora contan cun investimento de 133.100 euros.

Unha vez finalizadas as obras, que terán lugar entre os puntos quilométricos 6,9 e 10,4, a vía verase mellorada en oito quilómetros, desde o punto 2,6 ao 10,4, segundo sinalou a Deputación nun comunicado.

O presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, apuntou a este respecto que a mellora da rede de estradas provinciais é “unha das liñas de actuación prioritarias” do Goberno provincial, ao que se dedicaron 16 millóns de euros dos Orzamentos.

“A mobilidade é un dereito máis da cidadanía, e manter en bo estado as comunicacións por estrada é imprescindible para garantir a igualdade de oportunidades e o equilibro territorial, e, por tanto, para fixar poboación no rural”, destacou o presidente provincial.

ÚLTIMAS

Afra Blanco: “A Feira do Viño de Quiroga é a primeira festa que descubrín de Galicia”

Afra Blanco, que fora portavoz da sección xuvenil da UGT e hoxe responsable de...

Sinistro de circulación en Chantada

Segundo informou o 112, o persoal do Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 foi...

A Deputación esixe á Xunta o remate urxente da estrada de Folgoso do Courel derrubada hai dous anos

A Deputación de Lugo esixe á Xunta de Galicia medidas urxentes para axilizar e...

O Club Quixós participa estes días na 2ª Copa de España de Eslálom Olímpico

O Club de Piragüismo Quixós, de Monforte, chegou con dez deportistas a terras catalás...