Homesociedade"Saborea a túa provincia" exalta en Láncara os produtos de proximidade

“Saborea a túa provincia” exalta en Láncara os produtos de proximidade

A Deputada de Réxime Interior, Promoción do Territorio e Turismo, Pilar García Porto, e o Alcalde de Láncara, Darío Piñeiro, participaron este sábado no programa da Deputación Saborea a túa provincia que acolleu a praza dos Labregos da Pobra de San Xiao, en Láncara.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Durante toda a xornada sucedéronse as degustacións gastronómicas, a maxia do Mago Rafa, a música de Val de Láncara e de Jotinho’s, a cociña en directo, os obradoiros de cociña para os máis pequenos da casa e os sorteos. No autobús-cociña do programa, o cociñeiro Santi Almuíña do Mesón Colón (Nadela) cociñou galo de Mos en tres coccións con queixo San Simón, unha receita que explicou polo miúdo e da que deu a proba ás persoas asistentes.

Dende a asociación de criadores da Galiña de Mos (AVIMÓS) ofreceron unha charla divulgativa sobre o traballo que se realiza dende o colectivo e as singularidades desta raza. 

O programa Saborea a túa provincia intégrase no Plan de Impulso da Economía da Provincia que lanzou a Deputación para apoiar e dinamizar os sectores máis afectados polo impacto da pandemia, como son a hostalería, o turismo, o comercio local e os pequenos produtores. 

ÚLTIMAS

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...

Moi boas previsións de ocupación turística na Ribeira Sacra para a ponte do Pilar

Segundo informacion que traslada o Consorcio de Turismo Ribeira Sacra, as expectativas de ocupación...