HomesociedadeO Concello de Chantada recomenda non asinar nada referido á liña de...

O Concello de Chantada recomenda non asinar nada referido á liña de evacuación do parque eólico do Maxal

O Concello de Chantada vén de publicar en facebook a recomendación de non asinar nada referido á liña de evacuación do parque eólico do Maxal, dado que non existe ningún proxecto do que teñan coñecemento.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O concello publica nas súas redes sociais que o día 5 de agosto, a Xunta de Goberno Local  tratou o escrito das veciñas e veciños do Concello de Chantada afectados directa ou indirectamente pola construción da liña de alta tensión para a evacuación do Parque eólico do Maxal. Nesta Xunta de Goberno, infórmase aos veciños de que no Concello non consta información sobre esta liña. Unicamente consta a comunicación e resolución para a realización da prospección arqueolóxica para a liña eléctrica 132KV PE Parado Vello-SE Maxal-SE Belesar (Chantada, Taboada, Rodeiro; Lugo e Pontevedra). 

O día 26 de agosto mantívose unha xuntanza cunha representación das persoas afectadas. Nesta xuntanza, o Alcalde fixo fincapé na inexistencia de documentación no Concello que fixera referencia a esa liña e que, polo tanto, non eran coñecedores nin do trazado da mesma.   Manuel Varela dixo que era necesario coñecer o  proxecto que indicara o paso da liña, antes de que unha  empresa se dedique a negociar coas veciñas e cos veciños de Chantada. Neste caso, trátase da empresa ALDICA 2015, SL que parece pertencer á empresa promotora do parque, o grupo Galenergy segundo informa na tarxeta que deixa nas casas que visita. 

O Alcalde comprometeuse a informar ás veciñas e veciñas sobre calquera novidade que chegara ao Concello respecto a esa ou outras liñas de evacuación e, no momento no que estivera o proxecto dispoñible, estudalo e presentar alegacións para minimizar o impacto destas liñas no Concello, sobre todo tendo en conta que temos  dúas subestacións e que existen moitos proxectos de parques eólicos que poden evacuar no noso Concello aínda que estean lonxe: temos o exemplo da construción da liña de 20 quilómetros de lonxitude para enlazar os parques eólicos Serra das Penas e Paradela con subestación de Chantada que se rematou fai pouco e a do Parque Eólico da Picota que, en principio, tamén viña á subestación de Chantada. É necesario, polo tanto, saber que liñas están previstas porque hai parroquias que están xa rodeadas nestes momentos por torres de alta tensión. O Concello solicitará información á Consellería competente sobre as liñas de alta tensión e parques eólicos que poden incidir no termo municipal de Chantada

ÚLTIMAS

Quiroga será o primeiro municipio da provincia en contar cun mapa sociolingüístico escolar municipal

Henrique Monteagudo, José Luis Rivera Castro e Valentín García rubricaron o documento nun acto...

Imposición das Medallas do Concello de Monforte aos policías locais Eusebio Cuesta, a título póstumo, e Francisco Cao

O Concello de Monforte de Lemos celebrou este luns pola tarde o Pleno extraordinario...

D.O. Ribeira Sacra: baixada de existencias e repunte de vendas

Nun comunicado de prensa, o Consello Regulador da D.O. Ribeira Sacra informa dun escenario...

Comeza o estendido do aglomerado na estrada que une Ferreira e Currelos

A institución provincial inviste nestas obras 118.000€. Executa as actuacións a empresa FEVISA Vía...