HomesociedadeOs peregrinos contan cun albergue provisional solidario na Pobra do Brollón

Os peregrinos contan cun albergue provisional solidario na Pobra do Brollón

O novo servizo, que o concello ofrece de balde para os peregrinos, atópase nunha sala do pavillón municipal e quere impulsar a capitalidade da Pobra do Brollón como fin de etapa do Camiño de Inverno.

Publicado o

- Advertisement -

O concello da Pobra do Brollón pon en marcha unha nova inciativa para potenciar e dinamizar os recursos turísticos do concello. Tátase da posta en marcha dun albergue para peregrinos co obxectivo de crear servizos no concello como etapa dentro do Camiño de Inverno.

O equipo de goberno quere posicionar a Pobra do Brollón como final de etapa do Camiño e que os peregrinos poidan quedar a durmir no concello, abrindo a posibilidade de cear e almorzar. Desde o concello tomouse esta decisión, segundo informan en nota de prensa, para poder dar servizos aos peregrinos unha vez que na capitalidade municipal non queda ningún hostal. Segundo apunta o alcalde da Pobra do Brollón, Xosé Lois Maceda, no momento que se abra alguna empresa privada que preste este servizo, o concello deixa de ofrecelo, “facémolo agora puntualmente para cubrir este baleiro”.

Este albergue provisional solidario púxose en marcha en canto se contou co documento de cambio de uso da instalación e desde que abriu xa recibiu peregrinos. A sala na que se da o servizo de albergue conta con 6 literas, 12 prazas, ofrece servizo de duchas, roupa de cama e sacos de durmir. Para poder durmir no albergue da Pobra do Brollón é necesario chamar ao 666 43 58 32.

ÚLTIMAS

O 6 de novembro proxéctase en Quiroga “Prisciliano e a Gallaecia”

Trátase dunha serie de encontros divulgativos sobre Prisciliano, que contará coa participación de Aser...

Chantada estrea área recreativa na rúa Concepción Arenal

A través dos módulos de Operacións auxiliares de acabados ríxidos e urbanización (albanelaría) e...

A Praza de Abastos de Monforte acolle o 15 de outubro dous obradoiros de costura creativa

A proposta parte dunha idea sinxela, a peza máis sostible é a que xa...

O concurso de debuxo infantil “Os Bolechas reciclan en Monforte” ten prazo aberto ata o 20 de novembro

O concurso dá continuidade ao traballo desenvolvido no curso pasado a través da campaña...