HomesociedadeFormación cualificada en manipulación de produtos fitosanitarios este setembro en Monforte

Formación cualificada en manipulación de produtos fitosanitarios este setembro en Monforte

O curso está dirixido principalmente a calquera persoa vinculada profesionalmente cos sectores produtivos relacionados coa agricultura, gandaría, industria agroalimentaria e cadea forestal-madeira, así como mozos e mozas do medio rural galego e persoas con expectativas de incorporación ao sector.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

A Consellería do Medio Rural, a través da Axencia Galega da Calidade Alimentaria (Agacal), organiza un curso sobre aplicador e manipulador de fitosanitarios de nivel cualificado. A acción formativa ten previsto celebrarse de maneira semipresencial no Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) de Monforte de Lemos a partir do vindeiro luns 6 ata o 30 de setembro en horario de 16:00 a 20:00 horas

A acción formativa, que contará cunha duración de 35 horas, ten como obxectivo formar axeitadamente aos usuarios e operadores de fitosanitarios co fin de que acaden o nivel adecuado para cumprir coa normativa vixente e facer un uso sostible destes produtos e das proteccións antes os riscos derivados do seu uso.

Así, ao longo da súa programación abordaranse conceptos como as pragas dos cultivos e os seus métodos de control, a limpeza, regulación e calibración dos equipos de limpeza ou a eliminación dos envases baleiros. Así mesmo, trataranse cuestións como a relación traballo-saúde normativa sobre prevención de riscos laborais e as medidas para reducir os riscos neste eido.

Todos os interesados poderán anotarse no curso cubrindo a solicitude dispoñible na páxina web da Consellería do Medio Rural. Esta deberá remitirse finalmente ao correo electrónico maria.lourdes.diaz.fernandez@xunta.gal. Tamén poden chamar ao número 982 889 103 para máis información.

ÚLTIMAS

O 7 de novembro entréganse os premios do XII Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra

O Concurso de Proxectos Empresariais Semente Ribeira Sacra celebra 12 anos de traxectoria impulsando...

Apróbase coa abstención do PP a moción de Espertamonforte para reclamar á Xunta unha escola da Galiña Azul

Na exposición de motivos, Esperta explicaba que Monforte, segunda cidade da provincia de Lugo,...

Últimas proxeccións da curta ‘Descensos’ no IES Daviña Rey de Monforte e Lamas das Quendas de Chantada

A curta "Descensos", que une documental e ficción, conta a historia de dous descensos...