HomesociedadeCharla na Pobra do Brollón sobre a prevención do dano cerebral

Charla na Pobra do Brollón sobre a prevención do dano cerebral

Este sábado, 11 de setembro, ás 18:00 terá lugar na Casa da Cultura ‘Olga Novo’ unha charla sobre prevención do dano cerebral adquirido.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

Esta actividade informativa centrarase na prevención dos traumatismos cranioencefálicos provocados por accidentes de tráfico, golpes, contusións e caídas. Tamén se falará sobre o ictus e como previr o dano cerebral adquirido con exercicio físico e outros hábitos saudables. Encargarase da charla Carla Miranda, traballadora social da Federación Galega de Dano Cerebral (FEGADACE).

A charla está dirixida ao público xeral, incluídos peregrinos e peregrinas, e persoas encargadas da súa atención e recepción. Esta charla inclúese dentro do proxecto ‘Camiñando polo dano cerebral’, impulsado por FEGADACE no marco do programa O Teu Xacobeo, financiado pola Xunta de Galicia e o Xacobeo 2021-2022. Conta coa colaboración do Concello da Pobra do Brollón.

ÚLTIMAS

Chantada reparte máis de 1.000 árbores para potenciar a reforestación

Así este 5 de xuño e aproveitando a celebración do día de feira, o...

Roberto Castro: “A xente vén pola cereixa e quédase e repite porque lles gusta tamén a zona da praia fluvial”

A festa terá lugar na praia fluvial de San Clodio e contará coa participación...

Os premios literarios Xosé de Arxeriz entregaranse o 12 de xuño

O I Certame Literario Xosé de Arxeriz, dirixido ao alumnado do último ciclo de...

Chantada divulga os seus recursos turísticos en Festur ata o 7 de xuño

Ata o 7 de xuño, Silleda é unha vez máis o punto de encontro...