HomeTerra de LemosMonforteFalece un home con Covid-19 na residencia DomusVi de Monforte

Falece un home con Covid-19 na residencia DomusVi de Monforte

Sanidade notificou catro óbitos, co cal as vítimas mortais asociadas á pandemia en Galicia ascenden a 2.602.

Publicado o

- Advertisement -

A Consellería de Sanidade notificou catro mortes con coronavirus en Galicia nas últimas horas. Deste xeito, o total de vítimas desde o inicio da pandemia sitúase en 2.602.

Estas catro persoas presentaban patoloxías previas. Dous deles morreron en residencias: un home 88 anos –nas Gándaras de Lugo– e un home de 81 anos –na DomusVi de Monforte–.

Así mesmo, nas últimas horas produciuse a defunción dun home de 90 anos no Complexo Hospitalario Universitario de Santiago (CHUS) e dunha muller de 72 anos no Complexo Hospitalario Universitario da Coruña (Chuac).

ÚLTIMAS

Chantada mellora as canchas e automatiza o acceso ás Pistas de Tenis

O Concello de Chantada vén de acometer novas melloras nas Pistas de Tenis do...

Abertas as inscricións para o II Mercado de Nadal de Pantón

O Concello de Pantón engadirá este ano á súa programación de Nadal un novo...

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, reúnese co sector vitivinícola da Ribeira Sacra

A eurodeputada do BNG, Ana Miranda, realizou unha visita á Ribeira Sacra co obxectivo...

O Círculo do Saviñao comeza o seu Ciclo de Teatro de Outono

Este sábado, 7 de novembro, sube o telón en Escairón o Ciclo de Teatro...