HomeTerra de LemosMonforteXa restauradas as pinturas murais da igrexa do Mosteiro de San Vicente...

Xa restauradas as pinturas murais da igrexa do Mosteiro de San Vicente en Monforte

Os traballos permitiron frear os procesos de alteración detectados nalgúns dos motivos, que se atopaban nun estado de conservación moi delicado.

Publicado o

- Advertisement -

O delegado do Goberno en Galicia, Jose Miñones, destacou este martes a finalización das obras de restauración do interior da igrexa do Mosteiro de San Vicente en Monforte de Lemos, proxecto que comezou a executarse en decembro de 2019 e que posibilitou sacar á luz pinturas murais inéditas en bo estado de conservación e de gran interese histórico.

Os traballos centráronse na conservación e restauración das pinturas murais do presbiterio, nave central e muro norte do cruceiro, retablo maior e retablo en pedra do cruceiro. Estas accións expuxéronse, ademais, para pór freo aos procesos de alteración detectados en parte destes motivos, que se atopaban nun estado de conservación moi delicado.

Entre as actuacións, destaca a revisión e consolidación da estrutura e dos elementos, policromías e dourados que conforman o retablo maior, executado entre 1770-1780 polo denominado ‘Monje Mil Bienes’, adscrito ao propio mosteiro.

Ademais, o lenzo central, que representa ao martirio de San Vicente datado en 1671, foi desmontado e tratado nun espazo habilitado na nave central da igrexa.

Miñones enmarcou estes traballos como unha mostra do compromiso do Executivo co Xacobeo, a través da conservación e “posta en valor de bens culturais relacionados co Camiño de Santiago”.

A actuación, promovida polo Ministerio de Cultura e Deporte cun investimento de 646.319 euros, permitiu pór en valor este conxunto histórico e cultural “que posúe gran calidade e interese cultural” e frear a deterioración crecente que sufría.

ÚLTIMAS

Obradoiro contra a desinformación en Taboada

Esta actividade de alfabetización mediática será impartida por Selina Otero Verdes, licenciada en xornalismo...

En outubro aumentou en 110 o número de parados no centro-sur da provincia

Paro comarca de Sarria no mes de outubro 751 (+35): O Incio 32 (-1) Láncara 73...

O BNG de Monforte reclama transparencia no proceso selectivo da Policía Local

Os nacionalistas aseguran que as informacións publicadas sobre os resultados da primeira proba, na...

“Os dous de sempre”, do dúo Mofa & Befa, este 5 de novembro no Multiusos de Monforte

A función enmárcase na programación cultural impulsada polo Concello de Monforte a través da...