HomesociedadeO concello de Monforte gana a sentenza pola expropiación forzosa dos terreos...

O concello de Monforte gana a sentenza pola expropiación forzosa dos terreos para o Parque do Hospital

Sentenza favorable ó Concello monfortino no recurso interposto pola empresa Gas Monforte S.L. contra a declaración de urxente ocupación, a efectos de expropiación forzosa, dos bens e dereitos necesarios para a realización das obras do proxecto do Parque do Barrio do Hospital de Monforte de Lemos.

Publicado o

POR
Redacción
- Advertisement -

O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia desestima o recurso contencioso administrativo interposto pola empresa Gas Monforte SL contra o concello de Monforte, polo que ademais esta empresa pagar as costas procesais, establecidas en 1.200 euros.

O Alcalde amosou a súa satisfacción “pola resolución favorable ditada polo Contencioso Administrativo Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, a cal nos permitirá seguir adiante co proceso construtivo do futuro Parque do Hospital, que suporá unha mellora moi significativa para este barrio da cidade, xa que o dotaremos de novos espazos destinados ó lecer e esparcemento, así como dunha zona con 60 prazas de aparcamento”.

O novo parque público do Barrio do Hospital ideado polo Equipo de Goberno monfortino terá un carácter integral para dar resposta a varias cuestións ó mesmo tempo, de tal xeito que vai incluír varias zonas de céspede, unha zona de xogos infantís, paseos peonís lonxitudinais e transversais, estará dotado de varios elementos biosaudables de ximnasia para maiores e finalmente contribuirá a paliar o déficit de estacionamento na zona do Hospital contando co aproximadamente 60 prazas de estacionamento para vehículos e tamén contará con estacionamentos para motos, para bicicletas e prazas para minusválidos.

A superficie da parcela que albergará este parque será de aproximadamente 6.212 metros cadrados, unha extensión moi importante e que ven dar un servizo público do que carece esa zona da cidade.

ÚLTIMAS

A A.V. do Saviñao solicita retirar o peche perimetral que se instalou na Devesa

A Devesa de Escairón é un elemento patrimonial natural urbano datado nuns 400 anos...

Monforte instalará na Praza de España unha pantalla xigante para a final do Mundial

O concello de Monforte instalará unha pantalla xigante na Praza de España o próximo...

O concello de Chantada aproba unha operación de crédito por valor de 4.189.546€ “para executar importantes melloras no municipio”

O Concello de Chantada comezou a semana celebrabando sesión plenaria extraordinaria cun único punto...

Baixo Zero, grupo de música revelación da Ribeira Sacra, de concerto en Ribas de Sil  

A terraza de Las Vegas, en San Clodio (Concello de Ribas de Sil), acollerá...